Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 27 de novembro de 2003 Páx. 14.638

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO da aprobación inicial e información pública do proxecto complementario ó de expropiación forzosa para a execución da I fase do Plan especial do Castro de Elviña.

A Alcaldía Presidencia, con data do 25 de setembro de 2003, dictou a resolución que a continuación se transcribe:

«Primeiro.-Aprobar inicialmente o proxecto complementario ó de expropiación forzosa da 1ª fase do Castro de Elviña, para os efectos de indemnización dos elementos existentes non incluídos nel.

Segundo.-Optar polo procedemento de taxación conxunta para a tramitación do expediente.

Terceiro.-Autorizar un gasto por importe de 108.478,77 euros con cargo a partida 05-432.600.05.02, cantidade a que ascende o orzamento de execución do proxecto».

De conformidade co disposto no artigo 143.2º e 3º da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o citado expediente sométese a información pública por prazo dun mes para que aqueles que poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamación que consideren pertinentes.

Para estes efectos, indícase que o expediente pode consultarse durante o prazo dun mes nas dependencias da Área de Urbanismo (rúa do Parque, antigo Cuartel de Intendencia), de luns a venres.

Esta publicación servirá de notificación para os interesados que resulten descoñecidos ou respecto dos que se ignore o lugar para a práctica da notificación, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei 30/1992.

Nº parcela: 53.

Ref. catastral: 6-470.

Propietario: descoñecido.

A Coruña, 20 de outubro de 2003.

O alcalde

P.D.

José Luis Méndez Romeu