Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 27 de novembro de 2003 Páx. 14.638

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERDEDO

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora. Organismo: Concello de Cerdedo. Dependencia que trámita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto: consultoría e asistencia técnica para a redacción íntegra do Plan Xeral de Ordenación Municipal e Cartografía do Concello de Cerdedo. Prazo de execución: segundo os prazos establecidos nos pregos en atención á subvención que cofinancia o contrato. Total non superior a 24 meses.

3. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

4. Tipo de licitación: 117.590 euros (IVE incluído).

5. Garantías. Provisoria: 2% do prezo de licitación. Definitiva: 4% do prezo de remate.

6. Obtención de información e documentación: Concello de Cerdedo, praza do Concello nº 1, CP 36130, Cerdedo. Pontevedra. Teléfono: 986 75 30 06, 986 75 30 54. Telefax: 986 75 32 01, en horario de oficina. Obtención de documentos e información ata o último día do prazo para a presentación de ofertas, este incluído.

7. Requisitos xerais do contratista sinalados no prego de condicións particulares. Non se require clasificación.

8. Presentación de proposicións durante os 8 días naturais desde o seguinte ó de publicación do presente anuncio no último dos boletíns no que apareza (DOG ou BOP), en horario de 10.00 a 13.00 horas (de luns a venres e o sábado) no rexistro xeral do concello.

9. As proposicións constarán de tres sobre pechados, 1, 2 e 3, denominados de documentación administrativa, proposición económica e referencias técnicas para o concurso, coas inscricións e contido da documentación que sinala na cláusula 15 dos pregos de condicións.

10. Admisión de variantes: exclusivamente as sinaladas no prego de condicións.

11. Apertura das ofertas ás 12.00 horas do día hábil seguinte ó de finalización do prazo para a presentación de proposicións (para estes efectos o sábado considérase inhábil).

12. Gastos de anuncios a cargo do adxudicatario.

Cerdedo, 19 de novembro de 2003.

José Luis Jorge Caramés

Alcalde