Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 27 de novembro de 2003 Páx. 14.635

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2003, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto, de subministracións sucesivas, polo trámite de urxencia, anticipado do gasto, de adquisición de equipamento con destino a diversos centros de saúde da Comunidade Autónoma de Galicia. (SCS. 01/2004) (7 lotes).

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde/Sergas-Servicio de Equipamentos (División Xeral de Recursos Económicos). Edificio administrativo San Lázaro, 2ª planta en Santiago de Compostela. Teléfonos 981 54 27 66, 981 54 27 68 e 981 54 73 87, fax: 981 54 27 62. Enderezo Internet: www.sergas.es.

2. Modalidade de adxudicación: procedemento aberto, concurso público, subministración sucesiva, polo trámite de urxencia.

3. a) Lugar de entrega das subministracións: diversos centros de saúde da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Natureza e cantidade dos productos que se deban subministrar: adquisición de equipamento (7 lotes).

-Orzamento total: dous millóns trescentos vinte e sete mil seiscentos euros, IVE incluído (2.327.600 euros), desagrégase en dúas anualidades, para o ano:

2004: 1.551.191 euros.

2005: 776.409 euros.

Lote

Descrición

Anualidade 2004Anualidade 2005

1Mobiliario xeral389.535 A18.682 A

2Cadeiras297.117 A148.086 A

3Mobiliario clínico255.434 A133.417 A

4Aparellos sanitarios479.235 A227.644 A

5Autoclaves sobremesa29.745 A19.830 A

6Desfibriladores protátiles67.635 A45.090 A

7Electrocardiógrafos32.490 A21.660 A

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes e/ou polo conxunto das subministracións requiridas: cada licitador poderá presentar proposicións individuais por unicamente algún dos lotes da subministración e/ou proposicións agrupadas de varios lotes, ata un máximo de tres (oferta base máis 2 variantes).

4. Prazo de entrega desde a petición: máximo 30 días.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicita-los documentos pertinentes: ver punto 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 5 de decembro de 2003.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 12 de decembro de 2003.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: ver punto 1.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da antedita apertura: terá lugar na Consellería de Sanidade/Sergas, edificio administrativo San Lázaro, 2º andar, a partir das 10.00 horas do undécimo día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo da presentación de ofertas. No caso de que o antedito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte (23 de decembro de 2003).

8. Fianzas e garantías esixidas: a garantía provisional é do 2% do importe da licitación. Ver no punto 9 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: ver artigo 24 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver

puntos 14 e 15 da folla de especificacións do prego de tipo de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: ata o 31 de decembro de 2005.

13. Criterios que seguirán para adxudica-lo contrato: os establecidos no punto 10 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

14. Se é o caso, prohibición das variantes: admítense variantes.

15. Información complementaria: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario.

16. Data da publicación no Diario Oficial de las Comunidades Europeas do anuncio de información previa: 17 de decembro de 2002.

17. Data de envío do anuncio: 6 de novembro de 2003.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2003

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos