1. Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde/Sergas-Servicio de Equipamentos (División Xeral de Recursos Económicos). Edificio administrativo San Lázaro, 2ª planta en Santiago de Compostela. Teléfonos: 981 54 27 66, 981 54 27 68, 981 54 73 87. Fax: 981 54 27 62. Dirección da Internet: www.sergas.es
2. Modalidade de adxudicación: procedemento aberto, concurso público, subministración sucesiva, polo trámite de urxencia.
3. a) Lugar de entrega das subministracións: diversos centros de saúde da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Natureza e cantidade dos productos que se deban subministrar: adquisición de equipamento odontolóxico. (3 lotes).
-Orzamento total: douscentos noventa e catro mil catrocentos euros, IVE incluído (294.400 euros). Desagrégase en dúas anualidades, para o ano:
2004: 200.000 euros.
2005: 94.400 euros.
Lote 1; descrición: consulta odontológica; anualidade 2004: 126.500 euros; anualidade 2005: 50.600 euros.
Lote 2; descrición: consulta hixienista dental; anualidade 2004: 54.000 euros; anualidade 2005: 36.000 euros.
Lote 3; descrición: equipamento radioloxíco dental; anualidade 2004: 19.500 euros; anualidade 2005: 7.800 euros.
c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes e/ou polo conxunto das subministracións requiridas: cada licitador poderá presentar proposicións individuais por unicamente algún dos lotes da subministración e/ou proposicións agrupadas de varios lotes, ata un máximo de tres (oferta base máis 2 variantes).
4. Prazo de entrega desde a petición: máximo 30 días.
5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicita-los documentos pertinentes: ver punto 1.
b) Data límite para efectuar esta solicitude: 5 de decembro de 2003
6. a) Data límite de recepción das ofertas: 12 de decembro de 2003.
b) Enderezo ó que deben dirixirse: ver punto 1.
c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.
7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.
b) A data, a hora e olugar da antedita apertura: terá lugar na Consellería de Sanidade/Sergas, edificio administrativo San Lázaro, 2º andar, a partir das 10.00 horas do undécimo día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo da presentación de ofertas. No caso de que o antedito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte (23 de decembro de 2003).
8. Fianzas e garantías esixidas: a garantía provisional é do 2% do importe da licitación. Ver no punto 9 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.
9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: ver artigo 24 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.
11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver puntos 14 e 15 da folla de especificacións do prego de tipo de cláusulas administrativas particulares.
12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: ata o 31 de decembro de 2005.
13. Criterios que seguirán para adxudica-lo contrato: os establecidos no punto 10 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.
14. Se é o caso, prohibición de las variantes: admítense variantes.
15. Información complementaria: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario.
16. Data da publicación no Diario Oficial de las Comunidades Europeas do anuncio de información previa: 17 de decembro de 2002.
17. Data de envío do anuncio: 6 de novembro de 2003.
18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).
Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2003.
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Director xeral da División de Recursos Económicos