Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 27 de novembro de 2003 Páx. 14.634

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2003, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto, de subministracións sucesivas, polo trámite de urxencia, anticipado do gasto, de adquisición de equipamento electromédico con destino á UCMA do Hospital de Conxo de Santiago de Compostela. (SCS. 04/2004) (15 lotes).

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde/Sergas-Servicio de Equipamentos (División Xeral de Recursos Económicos). Edificio administrativo San Lázaro, 2ª planta en Santiago de Compostela. Teléfonos 981 54 27 66, 981 54 27 68 e 981 54 73 87, fax: 981 54 27 62. Enderezo Internet: www.sergas.es.

2. Modalidade de adxudicación: procedemento aberto, concurso público, subministración sucesiva, polo trámite de urxencia.

3. a) Lugar de entrega das subministracións: UCMA del Hospital de Conxo de Santiago de Compostela.

b) Natureza e cantidade dos productos que se deban subministrar: adquisición de equipamento electromédico (15 lotes).

-Orzamento total: cincocentos sete mil setecentos sesenta euros, IVE incluído (507.760 euros).

LoteDescriciónImporte dos lotes

1Aspirador eléctrico5.200 A

2Bisturí eléctrico12.800 A

3Bisturí eléctrico baixa potencia5.600 A

4Desfibrilador6.000 A

5Equipo de isquemia automático2.700 A

6Fonte de luz fria4.800 A

7Lámpadas cirúrxicas41.550 A

LoteDescriciónImporte dos lotes

8Lavacuñas desinfectador5.700 A

9Equipamento electromédico diversos servicios3.310 A

10Mesas cirúrxicas92.950 A

11Radiocirúrxico59.000 A

12Sistema de anestesia100.950 A

13Monitor parámetros fisiolóxicos52.800 A

14Motores cirúrxicos26.400 A

15Torres endoscopica cirúrxica88.000 A

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes e/ou polo conxunto das subministracións requiridas: cada licitador poderá presentar proposicións individuais por unicamente algún dos lotes da subministración e/ou proposicións agrupadas de varios lotes, ata un máximo de tres (oferta base máis 2 variantes).

4. Prazo de entrega desde a petición: lotes: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 9, 12, 13, 14 e 15: máximo 30 días; lotes 7, 8 e 10: máximo 45 días e lote 11: máximo 60 días.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicita-los documentos pertinentes: ver punto 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 5 de decembro de 2003.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 12 de decembro de 2003.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: ver punto 1.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da antedita apertura: terá lugar na Consellería de Sanidade/Sergas edificio administrativo San Lázaro, 2º andar, a partir das 10.00 horas do undécimo día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo da presentación de ofertas. No caso de que o antedito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte (23 de decembro de 2003).

8. Fianzas e garantías esixidas: a garantía provisional é do 2% do importe da licitación. Ver no punto 9 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: ver artigo 24 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver

puntos 14 e 15 da folla de especificacións do prego de tipo de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: ata o 31 de decembro de 2004.

13. Criterios que seguirán para adxudica-lo contrato: os establecidos no punto 10 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

14. Se é o caso, prohibición de las variantes: admítense variantes.

15. Información complementaria: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario.

16. Data da publicación no Diario Oficial de las Comunidades Europeas do anuncio de información previa: 17 de decembro de 2002.

17. Data de envío do anuncio: 6 de novembro de 2003.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2003.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos