Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 27 de novembro de 2003 Páx. 14.632

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2003 pola que se anuncia concurso público aberto para a contratación dunha asistencia técnica para a impartición de seminarios de difusión da utilización das novas tecnoloxías da información e servicios de posta á disposición, instalación e conexión a redes públicas de equipamento informático.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público aberto para a contratación dunha asistencia técnica para a impartición de seminarios de difusión da utilización das novas tecnoloxías da información e servicios de posta á disposición, instalación e conexión a redes públicas de equipamento informático (CP 15/2003).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Barrio de San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección de Servicios Xurídicos.

c) Número de expediente: CP 15/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: asistencia técnica para a impartición de seminarios de difusión da utilización das novas tecnoloxías da información e servicios de posta á disposición, instalación e conexión a redes públicas de equipamento informático.

b) División por lotes e número:

* Lote 1.

Obxecto: asistencia técnica para impartición dun máximo de 60 seminarios de difusión da utilización

empresarial das novas tecnoloxías da información e as comunicacións.

* Lote 2.

Obxecto: servicios para a posta á disposición, instalación e conexión a redes públicas de equipamento informático necesario para impartición dos seminarios obxecto do lote 1.

c) Lugar de execución: cada unha das localidades designadas polo Igape.

d) Prazo de vixencia (meses): a vixencia inicial será de 12 meses e poderá prorrogarse por outros 12 meses máis, logo de acordo expreso das partes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento e forma de adxudicación: concurso público aberto.

4. Orzamento base de licitación. Importe total 190.680 A (cento noventa mil seiscentos oitenta euros) imposto sobre o valor engadido (IVE) incluído, co seguinte desagregamento:

a) Orzamento máximo de licitación inicial: 95.340 A (noventa e cinco mil trescentos corenta euros) IVE incluído, co seguinte desagregamento por lotes e prezos unitarios máximos:

Importes

unitarios

LoteConceptoImporte lotemáximos

1Asistencia técnica de impartición de seminarios36.720 A612 A por semiario

2Servicios relativos a cada seminario58.620 A977 A por servicio

b) Orzamento da posible prórroga: 95.340 A (noventa e cinco mil trescentos corenta euros), IVE incluído, con el siguiente desagregamento:

LotesImporte prórroga/lote

Lote 1: asistencia técncia para impartición de seminarios 36.720 A

Lote 2: servicios relativos a cada seminario58.620 A

5. Garantía provisional: co seguinte desagregamento por lotes:

Lote 1: 734,40 A.

Lote 2: 1.172,40 A.

6.Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: Complexo administrativo San Lázaro.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

d) Teléfono: 981 54 16 93.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide con data límite para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, de se-lo caso: (grupos, subgrupos e categoría) non procede.

b) Solvencia económico-financeira e técnica:

Lote 1: contar con suficiente solvencia económica e experiencia profesional do equipo técnico destinado á execución do contrato, mínima de 4 anos en cuestións relacionadas coas tecnoloxías da información e as comunicacións, e experiencia docente do equipo técnico destinado á execución do contrato mínima de 100 horas en impartición de cursos ou seminarios relacionados coas tecnoloxías da información, o que se acreditará polos medios establecidos na letra C da folla de especificacións.

Lote 2: contar con suficiente solvencia económica e suficientes medios para a execución do contrato, o que se acreditará polos medios establecidos na letra C da folla de especificacións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado, domingo ou festivo en Santiago de Compostela, o prazo entenderase prorrogado ata ás 14.00 horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado, presentaranse en:

1. Entidade: Rexistro Xeral do Instituto Galego de Promoción Económica.

2. Domicilio: complexo administrativo San Lázaro s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

Ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, telex, telegrama ou e-mail conforme o previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 45 días.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica.

b) Domicilio: complexo administrativo San Lázaro s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: en acto público, o décimo día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura das ofertas técnica e económica.

e) Hora: 10.30 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos de anuncios: 1.600 A máximo. Serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial de las Comunidades Europeas (de se-lo caso).

13. No seu caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poidan obterse os pregos: www.xunta.es/contratacion

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2003.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica