Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 27 de novembro de 2003 Páx. 14.631

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2003 pola que se anuncia concurso público aberto para a contratación de subministración e mantemento dunha máquina impresora-copiadora a cor.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público aberto para a contratación de subministración e mantemento de máquina impresora-copiadora a cor. (CP 16/2003).

1.Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), barrio de San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección de Servicios Xurídicos.

c) Número de expediente: CP 16/2003.

2.Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración e mantemento dunha máquina impresora-copiadora a cor.

b) Lugar de execución: Igape Santiago (Soto).

c) Prazo de vixencia (meses):

A vixencia do contrato estenderase ata a súa completa execución e fin do prazo de garantía ofertado. Polo que respecta ó mantemento, a vixencia inicial do contrato será de 24 meses, e poderá prorrogarse por outros 24 meses máis, logo de acordo expreso das partes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento e forma de adxudicación: concurso público aberto.

4. Orzamento base de licitación. Importe total 40.780 euros (corenta mil setecentos oitenta euros) imposto sobre o valor engadido (IVE) incluído, co seguinte desagregamento:

a) Orzamento máximo de licitación inicial:

32.740 euros ( trinta e dous mil setecentos corenta euros), dos que 24.700 euros corresponden á suministración da copiadora e 8.040 euros ó mantemento, co seguinte desglose por coste unitario/copia:

ConceptoOrzamento máximo

copia A3 b/n0,04A

copia A3 cor0,30A

copia A4 b/n0,02A

copia A4 cor0,15A

b) Orzamento da posible prórroga:

8.040 euros (oito mil corenta euros), IVE incluído, correspondentes ó mantemento, por outros 24 meses de posible prórroga.

5.Garantía provisional: 654,80 euros.

6.Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: complexo administrativo San Lázaro.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

d) Teléfono: 981 54 16 93.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite para a presentación de ofertas.

7.Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: non procede.

b) Solvencia económico-financeira e técnica: suficiente solvencia económica e habilitación como servicio oficial para a reparación da marca ofertada, o que se acreditará polos medios establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do décimo día natural seguinte á publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado, domingo ou festivo en Santiago de Compostela, o prazo entenderase prorrogado ata as 14.00 horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado, presentaranse en:

1. Entidade: rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica.

2. Domicilio: complexo administrativo San Lázaro, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

Ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, télex, telegrama ou e-mail conforme o previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la a súa oferta: 45 días.

e) Admisión de variantes: admitiranse un máximo de dúas variantes por ofertante, no relativo á configuración técnica dos equipos.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica.

b) Domicilio: complexo administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: en acto público o décimo día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura das ofertas técnica e económica.

e) Hora: 11.00 horas.

10. Gastos de anuncios: 1.400 euros máximo. Serán por conta do adxudicatario.

11. No seu caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poidan obterse os pregos: www.xunta.es/contratacion

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2003.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica