Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 27 de novembro de 2003 Páx. 14.621

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas, se aproba o proxecto de execución e se recoñece a condición de instalación acollida ó réxime especial do parque eólico denominado Goa. (Expediente 087-EOL).

Examinado o expediente instruído por pedimento de Eurovento, S.L., Unipersonal, con enderezo para efectos de notificacións en Rúa Varsovia, 4C-5ª planta, Área Central-As Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, sobre autorización de instalacións do parque eólico denominado Goa; resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O 9 de novembro de 2001, José Manuel Pazo Paniagua, en nome e representación de Eurovento, S.L., Unipersonal, solicitou a autorización administrativa, aprobación de proxecto de execu

ción, formulación de declaración de efectos ambientais e aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do parque eólico denominado Goa, de 5,2 MW, achegando a documentación establecida no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia en virtude do disposto na disposición transitoria segunda do Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-O 1 de marzo de 2002, José Manuel Pazo Paniagua, en nome e representación de Eurovento, S.L., Unipersonal, solicitou o recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica do parque eólico denominado Goa, de 5,2 MW, achegando a documentación establecida no Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeración.

Terceiro.-Separadamente presentáronse aquelas partes do proxecto que afectan a bens, instalacións, obras ou servicios, centros ou zonas dependentes doutros organismos públicos ou corporacións, co fin de que, se é o caso, establecese o condicionado procedente. Emitíndose condicionado por parte da Deputación Provincial de Lugo sobre do proxecto de execución, ó cal o promotor non presentou alegacións.

Cuarto.-O proxecto do parque eólico Goa someteuse a información pública para os efectos previstos nos artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; o Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia; e o Decreto 442/1990, de avaliación de impacto ambiental para Galicia e Decreto 327/1991, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, mediante resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo do 13 de febreiro de 2002, publicado no diario El Progreso de 1 de marzo, BOP de Lugo do 5 de marzo, DOG do 1 de marzo, Boletín Oficial del Estado do 27 de febreiro de 2002 e no taboleiro de anuncios dos concellos do Vicedo e Viveiro.

Quinto.-Durante o período de información pública non se presentaron alegacións.

Sexta.-O 13 de febreiro de 2002, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio

en Lugo emitiu informe favorable sobre o citado proxecto, coas seguintes características básicas:

Localización e coordenadas poligonais:

NomeConcellosLocalización (coordenadas

poligonais en unidades UTM)

Parque eólico de GoaViveiro e O Vicedo (Lugo)XY

10.609.000,004.838.000,00

20.609.000,004.836.000,00

30.607.800,004.836.000,00

40.606.990,004.838.000,00

Nº de aeroxeradores: 4.

Potencia unitaria por aeroxerador: 1.300 kW.

Tipo de aeroxerador: Bazán-Bonus 1,3 MW.

Potencia total instalada: 5,2 MW.

Producción neta anual estimada: 12.495 MWh/ano.

Orzamento total: 3.941.893 euros.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de xeración, transformación e interconexión:

-4 aeroxeradores tipo Bazán-Bonus 1,3 MW de 1.300 kW de potencia nominal unitaria.

-4 centros de transformación de 1.600 kVA de potencia nominal unitaria e relación de transformación 0,69/30 kV, instalados unitariamente en interior de torre de aeroxerador coa súa correspondente paramenta de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía de 30 kV, de interconexión entre centros de transformación e subestación transformadora 30/132 kV.

Sétima.-Por resolución da Consellería de Innovación, Industria e Comercio do 3 de marzo de 2003 resolveuse continuar coa tramitación administrativa de autorización do parque eólico de Goa, de 5,2 kW, promovido por Eurovento, S.L., Unipersonal.

Oitava.-O 9 de xuño de 2003, José Manuel Pazo Paniagua, en nome e representación de Eurovento, S.L., Unipersonal, solicitou reducción da poligonal do parque eólico, coas coordenadas seguintes:

NomeMunicipiosVértices

Parque eólico de GoaViveiro e

O Vicedo (Lugo)

XY

1608.850,004.837.500,00

2608.850,004.837.230,00

3608.700,004.836.950,00

4609.000,004.836.500,00

5609.000,004.836.250,00

6608.750,004.836.000,00

7608.250,004.836.000,00

8608.375,004.386.500,00

9608.250,004.837.000,00

10608.500,004.837.500,00

Novena.-Por resolución da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do 8 de agosto de 2003, foi formulada declaración de impacto ambiental do proxecto de parque eólico de Goa, a cal foi

publicada por resolución da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas do 11 de setembro de 2003 no Diario Oficial de Galicia do 14 de outubro de 2003.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia; Decreto 36/2001, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo; Decreto 132/1982, do 4 de novembro; Decreto 223/2003, do 11 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Innovación, Industria e Comercio; Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; Decreto 205/1995, do 6 de xullo; Decreto 302/2001, do 25 de outubro e Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, xa citados.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites procedementais sinalados no Real decreto 1955/2000 e no Decreto 205/1995. Así mesmo, a instalación e o seu proxecto de execución reúnen tódolos requisitos técnicos esixibles.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que lle atribúen os artigos único do Decreto 36/2001 e o artigo 13 do Decreto 205/1995,

RESOLVE:

-Autorizar a Eurovento, S.L., Unipersonal. a instalación dos equipos electromecánicos do parque eólico denominado Goa, que se vai situar no concello do Vicedo e Viveiro.

-Aproba-lo proxecto de execución da citada instalación.

-Recoñecerlle a esa instalación, a condición de instalación acollida ó réxime especial do Real decreto 2818/1998, e incluíla no grupo b.2) do artigo 2 do dito real decreto.

Todo iso de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.-Eurovento, S.L., Unipersonal para os efectos de garanti-lo cumprimento das súas obrigas, deberá constituír, no prazo de 30 días contados desde o outorgamento desta autorización, unha fianza de 78.838 euros, importe do 2% do orzamento que figura no expediente, para garanti-lo cumprimento das súas obrigas, conforme o disposto no artigo 15 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A devandita fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sina

ladas no artigo 11, punto 3º do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias, e será devolta unha vez se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa cun orzamento de 3.941.893 euros.

Terceira.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto será necesaria a previa autorización desta Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas. Así mesmo, a Delegación Provincial de Innovación, Industria e Comercio de Lugo poderá autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicarlle a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.

Cuarta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dezaoito meses, contados a partir da data de ocupación dos terreos.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Lugo inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento dos compromisos contraídos por Eurovento, S.L. Unipersonal, no seu plan eólico.

Quinta.-Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial, o promotor deberá inscribir esta no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG do 14 de xullo), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no artigo 12 do R.D. 2818/1998, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da dita orde. O parque conectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Sexta.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento dos condicionados impostos nesta resolución e na declaración de impacto ambiental do 8 de agosto de 2003, así como aquelas que no seu día se emitan conforme ó disposto no artigo 7.1º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia.

Sétima.-A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto esta autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Oitava.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal,

provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA

E DESENVOLVEMENTO RURAL