Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 27 de novembro de 2003 Páx. 14.621

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 2 de outubro de 2003, polo que se aproba definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal da liña aérea de alta tensión L.A.T. subestación eléctrica Farelo-subestación eléctrica Faro.

En cumprimento do disposto no artigo 13.5º do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, esta dirección xeral dispón que se publique no DOG, o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 2 de outubro de 2003, da que da súa parte dispositiva se transcribe o seguinte:

1º Aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal nomeado L.A.T. 132/30 kV subestación eléctrica Farelo-subestación eléctrica Faro.

2º O órgano competente, por razón da materia, para a tramitación do expediente é a Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Xunta de Galicia, debendo esta consellería cumprir co procedemento legal establecido.

3º As determinacións contidas no proxecto vinculará o planeamento dos concellos de Chantada, Antas de Ulla, Rodeiro e Agolada que terán que adaptarse a elas dentro dos prazos que para tal efecto se determine.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas