Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 27 de novembro de 2003 Páx. 14.616

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2003 pola que se autorizan as instalacións electromecánicas, se declara a utilidade pública, en concreto, se aproba o proxecto de execución e se recoñece a condición de instalación acollida ó réxime especial do parque eólico denominado Montouto 2000, e se declara a súa compatibilidade co permiso de investigación denominado Santa Marta 2952, nos concellos de Arbo, A Cañiza, Covelo, Mondariz e As Neves (Pontevedra). (Expediente IN661A-01/1-4).

Examinado o expediente instruído por pedimento de Montouto 2000, S.A., con enderezo para efectos de notificacións en r/ Sáenz Díez, 43, entreplanta, Ourense, sobre autorización e aprobación de instalacións, recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial e utilidade pública do parque eólico denominado Montouto 2000; resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O 6 de xuño de 2001, Antonio Vázquez Fernández, en nome e representación de Montouto 2000, S.A. solicitou a autorización administrativa, aprobación de proxecto de execución, aprobación do estudio de impacto ambiental, declaración de utilidade pública e recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica do parque eólico denominado Montouto, de 49,5 MW, achegando a documentación establecida para o efecto

polo Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, de aplicación a este expediente en virtude do disposto na disposición transitoria terceira do Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeración.

Segundo.-O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e o Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia, mediante resolución da Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Pontevedra de data 18 de xuño de 2001, publicada no diario Faro de Vigo do 27 de xullo de 2001, DOG do 3 de agosto de 2001, no BOP de Pontevedra do 26 de xullo de 2001, e no taboleiro de anuncios dos concellos de Arbo, A Cañiza, Covelo, Mondariz e As Neves.

Durante o período de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

1. O concello de Arbo, alega que o estudio de impacto ambiental é pouco extenso no punto socioeconómico, que o programa de recuperación ambiental non contempla a posibilidade de que a área que se vaia recuperar sexa maior que a afectada polo parque, que se produce un impacto acústico sobre a poboación que está a menos de 2 km, como son os lugares de Vilar e Espedregada na parroquia de Cabeiras, que se compense o concello, polas molestias ocasionadas polo parque, coa subministración de enerxía nunha porcentaxe do 50% para a iluminación pública. En relación co proxecto sectorial manifesta que a documentación está incompleta que na páxina 13 se menciona o plano nº 8 que non figura na documentación presentada, en canto á edificabilidade quere face-la seguinte matización se a edificabilidade máxima é de 692 m, podéndose ampliar excepcionalmente en 500 m máis, ou ascendería ó valor de 72.200 m.

2. As comunidades de montes veciñais en man común de Achas, Santiago de Parada, Paraños, Mouriscados, Santa Eulalia de Batalláns, Cerdeira, San Cibrán de Ribarteme e Arbo respectivamente e a Asociación Forestal de Galicia, alegan que non se poden aprobar novos proxectos sectoriais se o plan

que os ampara non está aprobado, tampouco se pode aproba-lo proxecto de execución porque só estivo en información pública o proxecto sectorial e o estudio de impacto ambiental, a oposición á declaración de utilidade pública, e en caso de declararse debe iniciarse un expediente de prevalencia. Respecto á incidencia territorial o proxecto evita os efectos desfavorables que o parque vai ter sobre a caza, producción forestal, uso socio recreativo, aspectos culturais relixiosos e tradicionais, uso da auga e por último destaca-la falta de rigor no estudio de impacto ambiental.

3. As comunidades de montes en man común de San Cibrán e a Lamosa en Covelo, alegan a súa oposición á declaración de utilidade pública por non ser compatible co aproveitamento forestal do monte, polo que é necesario unha declaración de prevalencia, non existe un estudio de impacto ambiental e que o solo non é susceptible do uso industrial e requiren que o promotor lles facilite a documentación necesaria para a localización das plataformas e demais instalacións.

4. A comunidade de montes en man común de Paraños en Covelo, alega que se corrixa a relación de bens e dereitos, onde figura como titular a Comunidade de Montes de Mouriscados en Mondariz, débese substituír pola Comunidade de Montes de Paraños e Comunidade de Montes de Prado da Canda en Covelo.

5. A Asociación Cultural e Social Asemblea de Suído formula as seguintes alegacións:

a) O incremento de producción de enerxías renovables non implica a diminución de enerxías derivadas dos combustibles fósiles.

b) No estudio ambiental omítese o impacto sobre a paisaxe e o ambiente, así como as sinerxías cos restantes parques.

c) No inventario faunístico omítense especies con diferentes graos de protección.

d) No estudio ambiental non se recolle o estudio arqueolóxico.

6. O Grupo Erva, alega que o estudio de impacto ambiental presenta as seguintes carencias: non se fan estimas da afección de movementos de terras, os noiros que se orixinan co trazado de pistas suporán unha grave afección, e non se fixo unha estima da superficie afectada, impacto negativo pola achega de sedimento ós ríos próximos, non se indica o lugar de extracción dos materiais necesarios para recheo, presenta tamén carencias relativas ó medio biótico así como á flora e á fauna.

7. O concello das Neves, en sesión ordinaria do 28-7-2001 do pleno da Corporación Municipal, acerca da Moción do BNG referente ó citado parque eólico acorda:

a) Dirixirse á Xunta de Galicia para que se manifeste, mediante a elaboración dun plan de desenvolvemento da enerxía eólica en Galicia, no sentido

de establecer unha relación de lugares onde non se poidan instalar parques eólicos.

b) Esixi-la autorización urbanística previa para a construcción de parques.

c) Esixir ineludiblemente a presentación dun estudio de impacto ambiental e patrimonial.

d) Esixi-lo enterramento do cableado aéreo, polo menos nos tramos máis conflictivos, co fin de minora-lo impacto visual e reduci-lo risco de colisión e electrocución das aves.

e) Participación da institución municipal no aproveitamento dos rendementos do parque nunha cantidade proporcional á extensión dos terreos ocupados en cada municipio.

Terceiro.-O 28 de febreiro de 2002, a delegación provincial emitiu informe sobre o citado proxecto cuxas características básicas son:

Ubicación e coordenadas poligonais:

NomeMunicipios

Montouto 2000Arbo, A Cañiza,

Covelo, Mondariz e

As Neves

(Pontevedra)

VérticesXY

V 555.2604.674.208

V 555.5814.674.197

V 555.4094.673.874

V 555.6134.673.285

V 555.5524.672.646

V 554.9724.672.225

V 553.8194.669.517

V 554.2154.669.316

V 553.9934.669.042

V553.8824.668.820

V554.7174.668.367

V554.5404.668.038

V553.9864.668.241

V553.4184.667.502

V554.0254.666.891

V554.8334.666.022

V554.6864.665.873

V553.5704.665.663

V553.3154.664.949

V553.7674.664.235

V553.5874.664.042

V552.8954.664.752

V553.4604.666.146

V553.4554.666.621

V552.8414.666.959

V551.1904.667.434

V551.2624.667.673

V551.7504.668.254

V551.9094.668.343

V552.0804.668.151

V552.1044.667.825

V552.1514.667.640

V552.8404.667.345

V553.1364.667.895

V552.4884.670.072

V551.7224.670.423

V551.2134.670.430

NomeMunicipios

Montouto 2000Arbo, A Cañiza,

Covelo, Mondariz e

As Neves

(Pontevedra)

VérticesXY

V551.2134.670.723

V551.9634.670.727

V552.5704.670.294

V553.3144.670.072

V554.6104.672.394

V555.3294.672.684

V555.3224.673.334

V555.2044.673.670

Características técnicas do parque:

Nº de aeroxeradores: 66.

Potencia unitaria por aeroxerador: 750 kW.

Potencia total instalada: 49,50 MW.

Xeradores: NEG-MICON 750.

Altura das torres: 49 metros.

Diámetro das pas: 52 metros.

Producción neta anual prevista: 137.782 MWh/ano.

Investimento previsto: 42.319.025,51 A.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión:

-Conxunto de 66 aeroxeradores de 750 kW/u, que suman unha potencia bruta total de 49,5 MW.

-Interconexión dos aeroxeradores mediante liñas subterráneas a 20 kV que evacúan a enerxía eléctrica xerada á subestación proxectada.

-C.T. que se instalarán en cada aeroxerador de 1.000 kVA de potencia e r/t 0,690/20 kV, cos elementos de protección e auxiliares necesarios.

-A subestación é obxecto de proxecto á parte.

Cuarto.-O expediente incluíuse de forma automática dentro do conxunto de solicitudes presentadas á convocatoria anual, realizada conforme o artigo 15 do Decreto 302/2001, publicada no DOG do 25 de novembro de 2002. Por Resolución do 3 de marzo de 2003 desta consellería, publicada no DOG do 11 de marzo de 2003, acordouse que continuase a tramitación administrativa de autorización deste parque eólico para unha potencia de 40 MW.

Quinto.-O 20 de marzo de 2003 o promotor solicitou a aprobación do modificado ó proxecto de execución do parque eólico de Montouto de 39,75 MW.

Sexto.-O 21 de marzo de 2003, a delegación provincial emitiu informe sobre o citado modificado ó proxecto, a citada modificación consiste nunha reducción de máquinas, pasando de 66 a 53 aeroxeradores cunha potencia total de 39,75 MW, sen modifica-lo perímetro da poligonal inicial, así como a situación da subestación e a liña conseguinte para a evacuación da enerxía; a súa modificación é obxecto de proxectos e trámite á parte. O orzamento do proxecto modificado ascende a 32.547.867,75 euros.

Sétimo.-O 27 de marzo de 2003, o promotor solicita o cambio de nome do parque eólico, debido á existencia na provincia de Lugo dun parque xa autorizado co nome de Montouto, polo que pasa a denominarse Montouto 2000.

Oitavo.-O 18 de agosto de 2003, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, resolveu aproba-la declaración de impacto ambiental da primeira fase do parque eólico de Montouto 2000 de 39,75 MW, na cal se fixan as posicións de tódolos aeroxeradores excepto os aeroxeradores nº 51, 52 e 53 que quedan pendentes de recolocación ou confirmación da súa posición actual e posterior informe da documentación requirida no punto 10.1 desta declaración de impacto ambiental, esta foi publicada no DOG do 11-9-2003 e notificada ó promotor o 1 de setembro de 2003.

Noveno.-O 12 de setembro de 2003, o promotor solicitou que lle sexa de aplicación o procedemento establecido na disposición transitoria terceira do Decreto 302/2001, do 25 de outubro, xa citado.

Décimo.-Con data 26 de agosto de 2003, ábrese por parte da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas dentro do expediente de declaración de utilidade pública, peza separada co obxecto de determina-la compatibilidade ou incompatibilidade da actividade de producción de enerxía eléctrica no parque eólico denominado Montouto 2000 coa explotación dos recursos minerais existentes no ámbito territorial afectado. As partes presentaron durante o prazo establecido para o efecto as alegacións e xustificacións que estimaron pertinentes.

Décimo primeiro.-Con data de 30 de setembro de 2003, a Subdirección Xeral de Recursos Minerais, examinado o citado expediente, emite informe favorable sobre a compatibilidade da actividade de producción de enerxía eléctrica no parque eólico denominado Montouto 2000 coa explotación dos recursos minerais existentes no ámbito territorial afectado polo permiso de investigación Santa Marta nº 2952.

O citado informe manifesta textualmente canto segue: «Informe sobre o expediente de compatibilidade entre o parque eólico de Montouto 2000 e o permiso de investigación Santa Marta nº 2952 da provincia de Pontevedra».

1. Antecedentes.

Durante a tramitación da declaración de utilidade pública do parque eólico Montouto 2000, solicitado pola sociedade Montouto 2000, S.A., detectouse a posible interferencia das actuacións pretendidas neste proxecto coas previstas para o permiso de investigación Santa Marta nº 2952, da titularidade de Patricio Morais Cabaleiro, polo que por parte desta dirección xeral se abriu o 26 de agosto de 2003 un trámite de audiencia coas partes interesadas, para así proceder a determina-la compatibilidade ou incompatibilidade dos aproveitamentos públicos en xogo.

Dentro deste trámite Patricio Morais Cabaleiro presentou, o 12 de setembro de 2003, escrito no que renuncia á realización de labores de investigación dentro de perímetro do parque eólico. Polo tanto desaparece a posible causa de incompatibilidade entre ámbalas actuacións, procedendo que se declare a compatibilidade entre o parque eólico Montouto 2000 e o permiso de investigación Santa Marta nº 2952.

Décimo segundo.-O 8 de outubro de 2003 a Dirección Xeral de Urbanismo informa favorablemente o proxecto sectorial do citado parque eólico.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Consellería de Innovación, Industria e Comercio é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, o Decreto 223/2003, do 11 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, Decreto 302/2001, do 25 de outubro, e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, xa citados.

Segundo.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación dada a elas por parte da empresa promotora e do resto de documentación que consta no expediente, queda de manifesto que:

1. As alegacións de carácter urbanístico serán consideradas no momento de proceder á resolución do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal. De todos modos hai que recordar que de acordo co establecido no Decreto 80/2000 xa citado, que regula os plans e proxectos de incidencia supramunicipal, os plans municipais terán que adaptarse ó establecido nos ditos proxectos.

2. Con respecto ás alegacións de carácter ambiental xa foron consideradas na Declaración de Impacto Ambiental.

3. En canto á documentación adicional solicitada polas Comunidades de Montes Veciñais en Man Común de San Cibrán e A Lamosa, esta foilles remitida polo promotor.

4. En relación coas alegacións formuladas polas Comunidades de Montes Veciñais en Man Común de Achas, A Lamosa, Paraños e Mouriscados, non procede telas en conta porque pasan a estar desafectadas, motivadas pola diminución de potencia do parque pasando de 49,5 MW iniciais ata os 39,75 MW actuais. En canto ás restantes comunidades de montes veciñais o promotor presentou escrito de ter alcanzado acordo amigable coas citadas comunidades.

5. En relación coa alegación formulada polo concello de Arbo, relativa ó ruído producido polos aeroxeradores cabe dicir que a distancia das vivendas ás máquinas máis próximas é superior a 1.000 metros, sendo esta maior que a esixida na Modi

ficación do Plan Eólico de Galicia que foi aprobado por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 5 de decembro de 2002 (publicado no DOG do 3-1-2003 e corrección de erros do 18-8-2003). O proxecto sectorial está completo, se ben por un erro mecanográfico na páxina 13 denomínase plano nº 8 e debe dicir plano 6.1. Por outra parte a limitación de edificabilidade máxima é de 692 m, ampliable excepcionalmente a 500 m máis, para a edificación cerrada.

6. En relación ás alegacións do concello das Neves, cabe dicir que: por acordo da Xunta de Galicia do 5 de decembro de 2002, se aprobou definitivamente a modificación do plan sectorial de incidencia supramunicipal Plan Eólico de Galicia publicado no DOG do 3-1-2003, e corrección de erros do 18-8-2003. No artigo 3 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, relaciona a documentación que teñen que presenta-los proxectos que se deban someter ó trámite ambiental, que é máis extensa que a indicada polo concello. Dentro do perímetro do parque as liñas de evacuación a 20 kV son subterráneas en tódolos parques. A participación do concello na entidade promotora do parque é unha cuestión que hai que negociar entre as partes e alleo a esta consellería. Por último a autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización

das obras das instalacións autorizadas, tal como se reflicte nas condicións particulares.

7. En canto á resolución da peza separada dentro deste expediente no que se estudia a compatibilidade ou non dos distintos dereitos amparados pola utilidade pública que incide sobre un mesmo espacio é procedente declara-la mesma en función dos argumentos establecidos no informe da Subdirección Xeral de Recursos Minerais de data de 30 de setembro de 2003, que esta consellería acepta e que serve de motivación a esta resolución neste extremo ó incorporarse ó texto dela, tal e como establece o artigo 89.5º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios. Así mesmo, a instalación e o seu proxecto de execución reúnen tódolos requisitos técnicos esixibles.

Esta consellería, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

1. Autorizar a Montouto 2000, S.A. a instalación dos equipos electromecánicos da primeira fase do parque eólico denominado Montouto 2000 de 39,75 MW, de potencia, que se situará nos concellos de Arbo, A Cañiza, Covelo, Mondariz e As Neves (Pontevedra).

2. Aproba-lo proxecto de execución da dita instalación.

3. Recoñecerlle a esa instalación a condición de instalación acollida ó réxime especial do Real decreto 2818/1998, e incluíla no grupo b.2) do artigo 2 do dito real decreto.

4. Declara-la utilidade pública en concreto das instalacións do parque eólico Montouto 2000, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 (BOE nº 351, do 17 de decembro).

5. Declara-la compatibilidade da actividade de producción de enerxía eléctrica no parque eólico denominado Montouto 2000 coa explotación dos recursos minerais existentes no ámbito territorial afectado polo permiso de investigación denominado Santa Marta nº 2952 (Expediente IN661A-01/1-4).

Todo iso de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.-Montouto 2000, S.A. para os efectos de garanti-lo cumprimento das súas obrigas, deberá constituír, no prazo dun mes contado desde o outorgamento desta autorización, unha fianza de 650.957,35 euros, importe do 2% do orzamento que figura no expediente, para garanti-lo cumprimento das súas obrigas, conforme o disposto no artigo 19 do citado Decreto 302/2001, do 25 de outubro.

Esta fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, en cualquera das formas sinaladas no artigo 1.1º, punto 39 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e será devolta unha vez que se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa cun orzamento de 32.547.867,75 euros.

Terceira.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto será necesaria a previa autorización desta Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas. Así mesmo, dentro das suas respectivas competencias a Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio en Pontevedra poderá autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultad. Queda condicionado o inicio das obras dos aeroxeradores nº 51, 52 e 53, ó previo informe favorable da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, relativo a documentación requirida no punto 10.1 da declaración de impacto ambiental.

Cuarta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dezaoito meses, contados a partir da data de ocupación dos terreos.

Una vez construídas as instalacións autorizadas, a Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Pontevedra, inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento dos compromisos contraídos pola Planta Eólica de Galicia no seu plan eólico.

Quinta.-Como requisito necesario para a aplicación da citada instalación do réxime especial, o promotor deberá inscribi-la mesma no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG nº 135, do 14 de xullo), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no artigo 12 do Real decreto 2818/1998, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da dita orde. O parque conectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Sexta.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento dos condicionados impostos nesta resolución e na declaración de impacto ambiental do 18 de agosto de 2003, así como aquelas que no seu día se emitan conforme o disposto no artigo 7.1º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG 188, do 25 setembro).

Sétima.-A Administración resérvase o dereito de deixar sen efecto esta autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalacións, ampliación e traslado de industrias en xeral (BOE nº 176, do 25 de xullo), por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Oitava.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución, que é definitiva na vía administrativa, cabe interpoñer, se é o caso, recurso potestativo de reposición de acordo co establecido no artigo 116 da Lei 30/1992, modificado pola Lei 4/1999, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da sua notificación ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da citada data, de acordo co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2003.

P.D. (Orde 21-1-2003, DOG nº 17, do 27 de xaneiro)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Innovación,

Industria e Comercio