Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 27 de novembro de 2003 Páx. 14.604

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/118-2, 6114 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T., C.T.I. Barrio Novo e enlace con R.B.T. existente en Barreiros.

Situación: Barreiros.

Descricións técnicas:

-L.M.T. a C.T.I. Barrio Novo con orixe en L.M.T. a Ribadeo I e final en C.T.I. Barrio Novo cunha lonxitude de 15 m.

-C.T.I. Barrio Novo cunha potencia proxectada de 160 kVA e unha potencia inicial de 50 kVA.

-R.B.T., prevé o enlace do C.T. proxectado coas actuais R.B.T.S. existentes en conductores illados R.Z.-95 cunha lonxitude de 120 m.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 9 de outubro de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo