Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 27 de novembro de 2003 Páx. 14.603

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/107-2, 6095 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Eléctrica de Valdriz, S.L.

Domicilio social: avda. de Valdriz, s/n, km 1, 27273 Lugo.

Denominación: modificación de instalacións existentes.

Situación: Láncara e O Corgo.

Descricións técnicas:

-Reforma L.M.T. Unión Fenosa (tramo: central-P1), consta dun van de 76 m realizado en conductor LA-56.

-Ampliación de potencia dos C.T. Leira Grande e C.T. Chousa, cunha potencia actual de 100 kVA e unha proxectada de 160 kVA.

-Reforzo de L.B.T. do C.T. Chousa, cun circuíto de 528 m en conductor R.Z.-95.

-Reforma L.B.T. do C.T. Aplihorsa, coa instalación dunha nova liña de 131 m en conductor R.Z.-50.

-Reforma en L.B.T. de Leira Grande, coa instalación dunha nova liña de 57 m en conductor R.Z.-95.

-Reforma en L.B.T. do C.T. colexio, coa instalación dunha nova liña de 84 m en conductor R.Z.-95.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 28 de agosto de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo