Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 27 de novembro de 2003 Páx. 14.594

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2003, da Dirección Xeral do Maior e de Persoas con Discapacidade, pola que se fixa o prazo para a presentación de solicitudes para a realización de convenios de reserva e ocupación de prazas de tipoloxía asistida en centros residenciais para maiores e se establece o prezo máximo de praza/día.

Polo Decreto 8/2003, do 18 de xaneiro, estableceuse a estructura orgánica da Xunta de Galicia creándose

a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. O Decreto 212/2003, do 3 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais considera esta consellería como o órgano da Administración autonómica ó que lle corresponde o exercicio das competencias e funcións en materia de política de servicios sociais.

A Orde do 16 de maio de 1995, modificada pola Orde do 8 de xullo de 2002, da Consellería de Asuntos Sociais (hoxe Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais), pola que se regula o estable

cemento de convenios de colaboración en materia de reserva e ocupación de prazas en centros residenciais e vivendas tuteladas para a terceira idade, establece a posibilidade de que as entidades de iniciativa privada sen ánimo de lucro poidan ofertar prazas para a súa reserva e ocupación, logo do asinamento do correspondente convenio. Neste exercicio, e tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias e as necesidades dos nosos maiores, só se prevé levar a cabo concertos de prazas residenciais de tipoloxía asistida.

A mesma orde, no artigo 8.2º, sinala que a Dirección Xeral do Maior e de Persoas con Discapacidade fixará anualmente o prazo para presentar solicitudes por parte das entidades interesadas na subscrición dos citados convenios e o seu artigo 6 sinala que esta dirección xeral establecerá o custo máximo da praza/día ocupada.

Por todo isto, en uso das facultades que teño atribuídas,

RESOLVO:

Primeiro.-O prazo para presentar solicitudes para a formalización dos convenios ós que se refire a Orde do 16 de maio de 1995, modificada pola Orde do 8 de xullo de 2002, será de corenta días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Segundo.-O custo máximo por praza/día ocupada nos centros residenciais cos que a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais estableza convenios de reserva e ocupación de prazas, durante o ano 2003, será o seguinte:

Praza de persoa asistida: 44,54 euros/día.

Terceiro.-As obrigas contraídas pola consellería para o financiamento das prazas conveniadas serán con cargo á aplicación orzamentaria 16.02.212.B.262, para a que se establece un crédito máximo inicial de 30.000 euros, sen prexuízo de ulteriores variacións producidas como consecuencia de modificacións orzamentarias na citada aplicación.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2003.

Armando González López

Director xeral do Maior e de Persoas

con Discapacidade