Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 27 de novembro de 2003 Páx. 14.595

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2003 pola que se convoca un curso de actualización nos delictos relacionados co tráfico e os xuízos rápidos.

Dentro das actividades programadas para o ano 2003 en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra, en virtude do convenio de formación asinado entre a Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local e a Deputación Provincial de Pontevedra, anúnciase a celebración dun curso de actualización nos delictos relacionados co tráfico e

os xuízos rápidos, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

O curso ten por obxectivo xeral dota-los policías dos coñecementos normativos e operativos fundamentais para o trámite de todo tipo de dilixencias relacionadas co tráfico e a seguridade viaria. Así como coñece-la actualización recente sobre delictos que se van axuizar polo procedemento de urxencia e tódolos aspectos relacionados con estes.

Publicación.

Esta actividade formativa, e tamén todas aquelas que se desenvolvan en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra, será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Pontevedra.

Destinatarios.

O curso vai dirixido ós membros dos corpos de policía local da provincia de Pontevedra.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

30 prazas.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 11 de decembro de 2003, ás 14.00 horas.

3. As instancias deberán enviarse á Deputación Provincial de Pontevedra-Área de Recursos Humanos e Formación (fax: 986 80 41 41): avenida Montero Ríos, s/n, 36001 Pontevedra; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas.

O curso realizarase en datas do 15 ó 19 de decembro de 2003.

O horario será de 16.00 a 20.00 horas.

Contido.

O curso desenvolverase en sesións de tarde, de luns a venres, e nel trataranse os seguintes módulos:

I. Os accidentes e os delictos contra a seguridade do tráfico, desde o punto de vista xudicial. Tipos e clases. A adopción de medidas cautelares.

II. O atestado policial. Conceptos e dilixencias xerais do atestado.

III. O atestado por accidente de tráfico. Dilixencias e informes necesarios que deben completa-lo atestado. A investigación de accidentes de tráfico.

IV. A alcoholemia nos conductores. A intervención policial nestes casos. Dilixencias que deben desenvolver segundo as circunstancias.

V. Outros delictos contra a seguridade do tráfico. A importancia destes. A instrucción de atestados e as dilixencias que comprenden.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos farase publica o día 12 de decembro a partir das 14.00 horas, tanto pola Deputación Provincial de Pontevedra como pola Academia Galega de Seguridade, que os interesados poden coñecer e confirma-la súa asistencia chamando ós teléfonos: 986 59 00 21 (AGS) ou 986 80 41 00, ext. 306/307 (Área de Recursos Humanos da Deputación Provincial de Pontevedra).

Lugar.

O curso desenvolverase no Concello de Sanxenxo, no Auditorio Municipal do Pazo Emilia Pardo Bazán, avda. Miraflores, s/n.

Certificado de asistencia.

Ó remate do curso entregaráselle un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el.

Modificacións.

Tanto a Academia Galega de Seguridade como a Deputación Provincial de Pontevedra, se é o caso, poderán modifica-lo desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 18 de novembro de 2003.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade