Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 26 de novembro de 2003 Páx. 14.582

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OUTEIRO DE REI

ANUNCIO.

De conformidade co disposto no artigo 92 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réxime local e disposicións concordantes, faise público que o pleno deste concello, en sesión do 5 de novembro de 2003, aprobou definitivamente o Plan de sectorización A Palloza do solo apto para urbanizar no núcleo rural de Bonxe, promovido por Urbanización A Palloza, S.L. Jaime López López.

Faise constar que, con esta data, en cumprimento do disposto no artigo 92 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, remítese a documentación do proxecto de sectorización A Palloza ó conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Contra o dito acordo, definitivo na vía administrativa, poderanse interpoñe-los recursos que seguen:

a) Potestativo de reposición ante o pleno desde concello, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

b) Contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó desta publicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Sen embargo, interposto o recurso de reposición, non poderá interpoñerse o recurso contencioso-ad

ministrativo ata que sexa resolto expresamente o primeiro ou se produza a súa desestimación presunta polo transcurso do prazo dun mes para dictar e notifica-la resolución.

c) Calquera outro recurso que se considere procedente.

Outeiro de Rei, 12 de novembro de 2003.

José Pardo Lombao

Alcalde