Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 26 de novembro de 2003 Páx. 14.582

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2003 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: é a dotación de infraestructuras, equipamentos, persoal de control e vixilancia, de información e técnico de actividades para o desenvolvemento do programa Nadalxogo 2003.

Tipo de licitación: é de 48.000 euros, IVE incluído. A recadación que realizará o adxudicatario será no seu beneficio ata un límite de 15.000 euros. O que exceda desta cifra repartirase ó 50% entre o devandito adxudicatario e o concello.

Prazo de execución: o contrato estenderase desde o día 26 de decembro de 2003 ata o 4 de xaneiro de 2004, ambos incluídos, con excepción do día 31 de decembro.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, dentro do prazo de 8 días naturais contados desde o día seguinte ó da data da última das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Información e documentación: Concello de Santiago de Compostela. (Departamento de Contratación). Teléfono: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no punto homónimo do prego de cláusulas administrativas particulares.

Garantías: provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (secretaría) ás 10.00 horas, o segundo día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. De coincidir en sábado, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2003.

José A. Sánchez Bugallo

Alcalde