Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 26 de novembro de 2003 Páx. 14.581

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOS

ANUNCIO de licitación.

Aprobados por resolución da alcaldía o prego de condicións administrativas particulares que rexerán o procedemento para a contratación da execución da obra citada, exponse ó público por 4 días hábiles seguintes ó da publicación do correspondente anun

cio no último dos boletíns oficiais no que apareza (DOG ou BOP), para que poidan ser presentadas reclamacións por quen se considere interesado.

Simultaneamente anúnciase o concurso, se ben a licitación se adiará canto resulte necesario de presentarse reclamacións ós pregos.

Durante o prazo de presentación de instancias permanecerá así mesmo exposto o correspondente proxecto técnico, podéndose presenta-las alegacións que se entendan oportunas a el.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Mos.

2. Obxecto do contrato: execución da obra de dotación de beirarrúas e mellora da capa de rodadura na estrada N-120 entre os p.k. 655,800 e o p.k. 657,900.

Prazo de execución: 3 meses.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. forma: concurso.

4. Tipo licitación: 279.577,61 euros, IVE e demais tributos incluídos.

5. Garantías. Provisional: 2% do orzamento do contrato. Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

6. Obtención de información e documentación: Concello de Mos. Regengo 1, 36416 Petelos, Pontevedra. Teléfono: 986 33 12 00. Telefax: 986 33 66 18.

7. Requisitos xerais do contratista sinalados no prego de condicións administrativas. Clasificación: grupo G), subgrupo 4, categoría e).

8. Presentación de proposicións.

a) Prazo e lugar: no Concello de Mos (Pontevedra) durante os 13 días naturais desde o seguinte ó de publicación deste anuncio no último dos boletíns no que apareza (DOG ou BOP). De 9.00 á 14.00 de luns a venres, de 9.00 a 13.00 horas, os sábados, no rexistro xeral do concello ou da forma sinalada na cláusula 8 do prego de condicións.

b) Documentación que hai que presentar: as proposicións constarán de 2 sobres pechados A e B, denominados de Documentación xeral e Documentación específica para o concurso, coas inscricións e contendo a documentación que se sinala na cláusula 8 dos pregos de condicións.

9. Apertura das ofertas: o 3º día hábil seguinte ó de finalización do prazo para a presentación de proposicións (para efectos da apertura, o sábado considerarase inhábil).

10. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

11. Modelo proposición contido nos pregos de condicións.

ANEXO

Modelo de proposición

D/Dona..., co DNI nº...; actuando en nome propio ou en representación da entidade...; con enderezo

para efectos de notificacións en..., tendo coñecemento do concurso tramitado polo Concello de Mos para a execución da obra da dotación de beirarrúas e mellora da capa de rodadura na estrada N-120 entre os p.k. 655,800 e o p.k. 657,900 e informado dos pregos aprobados para o efecto, comprométese a efectuala ofertando as seguintes melloras:

-As relativas á calidade e valor técnico dos materiais que se van empregar que, no seu conxunto, supoñen melloras por importe de... A, sen prexuízo da valoración contrastada que efectúe o concello.

Achégase a descrición detallada delas, coa súa valoración independente ou separada, no anexo I.

-Prazo de mantemento das obras, por encima do de garantía, de: ...(anos, meses).

-O programa de execución dos traballos, cos contidos do art. 9 dos pregos e segundo o anexo II.

-Prazo de execución do contrato: ...meses.

...

Lugar e data

(Sinatura)

Mos, 10 de novembro de 2003.

Mª Jesús Escudero Lago

Alcaldesa