Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 26 de novembro de 2003 Páx. 14.581

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MARÍN

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2003 pola que se fai público o nomeamento de funcionaria de carreira, categoría garda da policía local.

En cumprimento do disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, da Xunta de Galicia, faise público que por resolución da Alcaldía do 21-10-2003 foi nomeada como funcionaria de carreira deste concello María Victoria López Trabazo, DNI: 52499097-X, encadrada na escala de Administración especial, subescala servicios especiais, clase policía local, categoría: garda.

Marín, 22 de outubro de 2003.

Francisco Antonio Santiago Fernández

Alcalde