Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 26 de novembro de 2003 Páx. 14.581

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CESURAS

APROBACIÓN da bandeira municipal.

O Pleno da Corporación de Cesuras (A Coruña), en sesión celebrada o 14 de novembro de 2003, acordou aprobar inicialmente a bandeira municipal da entidade local, segundo proposta elaborada pola Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia.

O que, en cumprimento do establecido no artigo 2.1º do Decreto 369/1998, se somete a información pública polo prazo dun mes, contado da publicación do derradeiro anuncio no Diario Oficial de Galicia ou no taboleiro de edictos do concello, co obxecto de que se poidan efectuar alegacións que, de seren formuladas, serán resoltas polo Pleno. De non presentarse alegacións, o anterior acordo de aprobación inicial, elevarase automaticamente a definitivo.

Cesuras, 14 de novembro de 2003.

José Ferreiro Pardiñas

Alcalde