Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 26 de novembro de 2003 Páx. 14.580

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARRAL

ANUNCIO.

Por acordo da Comisión de Goberno, adoptado na sesión da data 22 deste mes, resólvese aprobar, con carácter inicial, o estudio de detalle promovido ó abeiro do establecido polo artigo 29 do Plan parcial do polígono industrial-residencial Os Capelos, pola empresa que a seguir se cita, na liña que tamén se especifica.

Promotor: Gerardo Rodríguez Gestal.

Parcelas: 51.

Obxecto: reaxuste aliñacións.

En cumprimento do disposto no artigo 86.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, faise público para o seu xeral coñecemento, por un prazo de vinte días contados a partir da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia; e todo isto co fin de que

poidan ser examinadas no Servicio de Urbanismo deste concello e, se é o caso, presentadas as observacións que se xulguen pertinentes.

Carral, 23 de outubro de 2003.

José Luis Fernández Mouriño

Alcalde