Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 26 de novembro de 2003 Páx. 14.563

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (202/2003).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 202/2003 por instancia de María José Rodríguez Barreiro, contra a empresa Instalaciones Generales Ebro, S.L., sobre cantidade, nos que recaeu sentencia con data do 16-10-2003 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Dictamino que estimando a demanda promovida por María José Rodríguez Barreiro contra a empresa Instalaciones Generales Ebro, S.L. debo condenar e condeno a demandada a que lle aboe á demandante a cantidade de 6.219 euros por tódolos conceptos reclamados na demanda.

Así, por esta miña sentencia, contra a que poderá recorrerse en suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados desde o seguinte á súa notificación, anunciando o propósito de interpoñelo mediante comparecencia ou por escrito sendo indispensable que ó tempo de anuncialo o recorrente, se é empresario, exhiba ante este xulgado do social o xustificante acreditativo de ter depositado na conta deste xulgado aberta en Grupo Banesto (Banco Español de Crédito, S.A. e Banco de Vitoria, S.A.) co número 5.605 0000 60 0202 03 a cantidade obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, sen este requisito non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Debendo consignar ademais a cantidade de 150,25 euros na mesma conta 5.605 0000 65 0202 03 entregándose o xustificante na secretaría ó

tempo de interpoñe-lo recurso declarándose este desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia pronúncioo, mándoo e asínoo.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación a anunciar dentro dos cinco días seguintes á notificación da sentencia, ante este xulgado do que coñecerá, se é o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal e como establecen os artigos 188 e seguintes do texto refundido da Lei de procedemento laboral aprobado por Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Instalaciones Generales Ebro, S.L. expido e asino esta cédula na Coruña, 16 de outubro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado