Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 26 de novembro de 2003 Páx. 14.563

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (277/2003).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 277/2003, por instancia de Begoña Ferrín Santos e outras, contra a empresa W.S.I. Coruña Dos, S.L., sobre cantidade, nos que se dictou sentencia no día 16-10-2003 que copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que, estimando a demanda promovida por Begoña Ferrín Santos, Ana Martínez Becerra, Susana María Fuentes Coppa, Montserrat González Guillín, María Alejandra Torres Amor, Sonia Belén Couto Suárez, contra a empresa W.S.I. Coruña Dos, S.L., debo condenar e condeno a demandada a lle aboar á demandante a cantidade de 1.393,68 euros a Begoña Ferrín Santos, a Ana Martínez Becerra 2.249,67 euros, a Susana María Fuentes Coppa 1.385,60 euros, a Montserrat González Guillín 1.774,39 euros, a María Alejandra Torres Amor 1.385,60 euros, a Sonia Belén Couto Suárez 2.057,60 euros, por tódolos conceptos reclamados na demanda.

Así, por esta miña sentencia, contra a que se poderá recorrer en suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados do seguinte á súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que ó tempo de anuncialo o recorrente, se é empresario, exhiba ante este xulgado do social o comprobante de ter depositado na conta deste xulgado aberta no Grupo Banesto (Banco Español de Crédito, S.A. e Banco de Vitoria, S.A.), co número 5.605 0000 60 0277 03, a cantidade obxecto da condena, podéndose substituí-la consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que se deberá facer consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito sen o cal non se poderá ter por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Débese consignar, ademais, a cantidade de 150,25 euros na mesma conta 5.605 0000 65 0277 03, entregándose o comprobante na secretaría ó tempo

de interpo-lo recurso declarándose o mesmo desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgadno en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación, que se anunciará dentro dos cinco días seguintes á notificación da sentencia, perante este xulgado,

do que coñecerá, se for o caso, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establecen os artigos 18 e ss. do texto refundido da Lei de procedemento laboral aprobado polo Real deceto lexislativo 2/1995, do 7 de abril.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa W.S.I. Coruña Dos, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña, 16 de outubro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado