Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 26 de novembro de 2003 Páx. 14.562

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (757/2002).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 757/2002, por instancia de José Pedreira Vázquez, contra a empresa Urproman, S.L. e o Fogasa, sobre cantidade, nos que se dictou sentencia no día 16-10-2003 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que, estimando a demanda promovida por José Pedreira Vázquez contra Urproman, S.L., debo condenar e condeno a demanada a lle aboar á demandante a cantidade de 2.522,70 euros por tódolos conceptos reclamados na demanda, e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da responsabilidade que, no seu día, puidese derivarse.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación, que se anunciará dentro dos cinco días seguintes á notificación da sentencia, perante este xulgado, do que coñecerá, se for o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establecen os artigos 188 e ss. do texto refundido da Lei de procedemento laboral aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicació no Diario Oficial de Galicia, a fin de que sirva de notificación en forma á empresa Urproman, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 16 de outubro de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado