Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Martes, 25 de novembro de 2003 Páx. 14.545

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 28 de outubro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica resolución de expediente sancionador 222/2003, incoado por infracción administrativa na orde social.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servicio de correos ó resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola presente cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución na orde social correspondente.

Empresa: Aluvedra, S.L.

Domicilio: Casas Novas, 85, nave 2.

Localidade: Pontevedra.

Número expediente: 222/03 586/03 (AI).

Data resolución delegación provincial: 7-10-2003.

Preceptos infrinxidos: artigos 14.2º e 16.1º da Lei 31/1995, do 8 de novembro, e artigos 3, 4 e 5 do R.D. 39/1997, do 17 de xaneiro.

Preceptos sancionadores: artigos 5.2º, 12.1º, 39 e 40 do R.D. lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Resolución: multa de 1.502,54 A.

Fáiselles saber ós interesados que poden formular recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro; advírteselle que de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboa-la multa imposta no prazo de 30 días hábiles desde o día seguinte á data de notificación da resolución, nunha das seguintes contas:

-Caixa Galicia, cta. contable 840. Código 001.

-Caixanova recadación Xunta: modelo XTAX.

Xa que noutro caso se incoará o procedemento de constrinximento ante a delegación de Facenda correspondente.

Vigo, 28 de outubro de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA,

ECONÓMICO-FINANCEIRA

E CONTABLE