Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Martes, 25 de novembro de 2003 Páx. 14.545

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2003 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para a contratación da adquisición dun sistema de backup para o Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, servicios centrais e delegacións territoriais da Consellería de Economía e Facenda. (Expediente 27/2003).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, CIXTEC.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral do CIXTEC.

c) Número de expediente: 27/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición dun sistema de backup para o CIXTEC, servicios centrais e delegacións territoriais e da Consellería de Economía e Facenda.

b) Número de unidades que hai que entregar: o indicado no prego de prescricións técnicas.

c) Lugar de entrega: CIXTEC, rúa Domingo Fontán, nº 9, 15702 Santiago de Compostela.

d) Prazo de entrega: un mes contado desde a sinatura do crrespondente contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: oitenta e oito mil setecentos euros (88.700 A)IVE incluído.

5. Garantía provisional.

2% do orzamento base de licitación: 1.774 A.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, CIXTEC.

b) Domicilio: rúa Domingo Fontán, nº 9.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Teléfono: 981 54 13 37.

e) Telefax: 981 54 12 70.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional.

O estipulado no prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás 14.00 horas do décimo quinto día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Entidade: CIXTEC.

2) Domicilio: rúa Domingo Fontán, nº 9.

3) Localidade e código postal: 15702.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: CIXTEC.

b) Domicilio: rúa Domingo Fontán, nº 9.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o quinto día hábil seguinte, que non coincida en sábado, ó de remate do prazo de presentación de proposicións.

e) Hora: 13.00 horas.

10. Gastos de anuncios: os gastos de anuncios serán por conta do adxudicatario.

11. Páxina web onde se poden obte-los pregos: www.cixtec.es.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2003.

Gonzalo Gómez Montaña

Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable