Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Martes, 25 de novembro de 2003 Páx. 14.535

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 23 de outubro de 2003, da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-00407-O-2003 e seis máis).

Por medio desta cédula notifícanselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo subdirector xeral de Inspección de Transportes, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles saber que as ditas resolucións non esgotan a vía administrativa, podendo interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Transportes dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula. Transcorridos tres meses desde a interposición de recurso sen que se notifique a súa resolución, entenderase desestimado e quedará expedita a vía procedente.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina do BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, clave 390001, e, de non facelo así, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados e en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 23 de outubro de 2003.

Carlos A. González Rodríguez

Subdirector xeral de Inspección de Transportes

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

PO-00407-O-2003

C-9015-BZ

G.C. de Tráfico

Granja Marina de Barbanza, S.L.

Lugar de Seráns, praia, s/n

15970 Porto do Son (A Coruña)

Circular transportando caixas e auga salgada, non acreditando o conductor a relación laboral ou familiar co titular do vehículo. En oficio nº 3936 do 16-4-2003 requírese o titular do vehículo para que acredite a relación laboral do conductor coa empresa denunciada. Ó non xustificar tal relación este servicio provincial considera que se realiza un transporte público sen autorización. Leva distintivos de servicio privado ámbito nacional.

12-3-2003; 10.30; N-550; 172

Art. 102.3º Lei 16/1987 e

art. 157 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

300 euros

PO-00410-O-2003

CR-2471-L

G.C. de Tráfico

Vanefurgo, S.L.

Py y Margall, 96

360 Vigo (Pontevedra)

Circular transportando 9 persoas e mercadoría eléctrica de raio e TV, carecendo da tarxeta de transportes. Non acredita a relación laboral coa empresa. En oficio nº 3427 do 2-4-2003 requírese o titular do vehículo que acredite tal relación laboral. Ó non xustificar tal relación este servicio provincial considera que se realiza un transporte público sen autorización.

20-2-2003; 10.35; A-9; 137

Art. 102.3º Lei 16/1987 e

art. 157 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

300 euros

PO-00416-O-2003

PO-4510-BK

G.C. de Tráfico

Distelco Arcade, S.L.

Coutada, edif. Eiras, 7

36691 Arcade, Santiago P., Soutomaior

(Pontevedra)

Circular transportando embutidos, non acreditando o conductor a relación laboral co titular do vehículo. Carece de tódolos distintivos. En oficio nº 3920 de data 16-4-2003 requírese o titular do vehículo para que acredite a relación laboral do conductor coa empresa denunciada. Ó non xustificar tal relación, este servicio provincial considera que se realiza un transporte público sen autorización.

18-3-2003; 18.00; C-550; 122

Art. 102.3º Lei 16/1987 e

art. 157 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

300 euros

PO-00569-O-2003

PO-9184-AG

G.C. de Tráfico

B. González Conde

Coleta, 90, s/n

360 Vigo (Pontevedra)

Circular co vehículo citado transportando persianas realizando un servicio privado complementario, non xustificando o conductor do vehículo ante o axente da autoridade a súa relación laboral coa dita empresa. Non acredita ante o Servicio Provincial de Transportes en Pontevedra a relación laboral do conductor coa empresa, polo que se considera que se prestaba un servicio público. Así mesmo compróbase que o vehículo carece da correspondente tarxeta de transportes.

3-3-2003; 17.00.15; N-552; 8

Art. 90 Lei 16/1987 e

art. 41 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

300 euros

PO-04350-O-2002

PO-7683-BB

G.C. de Tráfico

Daniel Trelles Rodríguez

Santo André de Comesaña, 91 B

36210 Vigo (Pontevedra)

Circular transportando un turismo, non acreditando o conductor a relación laboral co titular do vehículo. En oficio nº 14231 de data 10-12-2002 requírese o titular do vehículo para que acredite a relación laboral do conductor coa empresa denunciada. Ó non xustificar tal relación este servicio provincial considera que se realiza un transporte público sen autorización.

17-10-2002; 11.50; A-9; 128

Art. 102.3º Lei 16/1987 e

art. 157 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

300 euros

PO-04432-O-2002

M-4942-IZ

G.C. de Tráfico

Notogou Diagne

Marzana, 22-1º

483 Bilbao (Vizcaya)

Circular transportando roupa, non acreditando a relación laboral do conductor coa empresa denunciada. Carece de tarxeta de transportes. En oficio nº 931 do 29-1-2003 requírese o titular do vehículo para que acredite a relación laboral do conductor coa empresa denunciada. Ó non xustificar tal relación este servicio considera que se realiza un transporte público sen autorización.

10-12-2002; 8.45; N-640; 235

Art. 102.3º Lei 16/1987 e

art. 157 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

300 euros

PO-04569-O-2002

PO-7794-AU

G.C. de Tráfico

Stefan Caldaras

Benito Corbal, 24-2º

364 Pontevedra

Circular transportando táboas grandes de madeira non acreditando o conductor a relación laboral nin familiar coa empresa titular do vehículo. En oficio nº 1887 do 21-2-2003 requírese o titular do vehículo para que acredite a relación laboral do conductor coa empresa denunciada. Ó non xustificar tal relación este servicio provincial considera que se realiza un transporte público sen autorización.

8-11-2002; 13.20; PO-410; 1

Art. 102.3º Lei 16/1987 e

art. 157 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

300 euros