Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Martes, 25 de novembro de 2003 Páx. 14.537

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 9 de xuño de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se comunica o inicio do expediente sancionador E.S. 21/2003 seguido a Fondos Valle, S.L.

Notifícalle ó denunciado, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, o acordo de iniciación de expediente sancionador, do delegado provincial de Innovación, Industria e Comercio da Coruña.

O interesado dispón do prazo de quince días, contado desde o seguinte ó da publicación deste acordo para presenta-las alegacións que considere convenientes en defensa dos seus dereitos, podendo examinar dentro deste prazo o expediente instruído na Delegación Provincial de Innovación, Industria e Comercio da Coruña, edificio administrativo Monelos, 1º andar (reclamacións), segundo o disposto no artigo 84.2º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 9 de xuño de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: E.S. 21/2003.

Denunciado: Fondos Valle, S.L., CIF B15544257, A Pezoca, 1-C, Oleiros, A Coruña.

Feito denunciado: posta en funcionamento de instalacións de calefacción con defecto grave en urbanización A Pezoca, Oleiros.

Precepto infrinxido: artigo 31.3º a).c) en relación co 31.2º b), h), i).

Preceptor sancionador: Lei de industria do 16 de xullo de 1992.

Sanción que pode corresponder: 3.005,06 euros.