Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 24 de novembro de 2003 Páx. 14.508

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO da aprobación inicial do estudio de detalle presentado por Miraflores Sanxenxo, S.L., para desenvolvemento do PEI-19 no lugar de Miraflores-Sanxenxo.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 6 de novembro actual, acordou prestar aprobación inicial ó estudio de detalle presentado por Miraflores Sanxenxo, S.L., para desenvolvemento do PEI-19 no lugar de Miraflores-Sanxenxo, de conformidade co proxecto técnico redactado pola arquitecto María del Carmen Nieto Rivero, con visado colexial do 10 de xullo e plano reformado con visado do 6 de outubro de 2003.

Exponse o expediente a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que sexa publicado o anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que quen se considere prexudicado ou afectado poida formula-las alegacións que coide procedentes.

De conformidade co disposto no artigo 120 do Regulamento de planeamento, suspéndese o outorgamento de licencias para a área do territorio obxecto de modificación.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Sanxenxo, 13 de novembro de 2003.

Telmo Martín González

Alcalde