Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 24 de novembro de 2003 Páx. 14.508

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOMIÑO

ANUNCIO de licitación.

Concesión S.P. Centro de educación municipal de preescolar de Tomiño.

Aprobado pola Comisión de Goberno, na sesión ordinaria do 15 de novembro de 2003, o prego de condicións económico-administrativas e técnicas que rexerá no concurso por procedemento aberto (tramitación urxente) para a concesión da prestación do servicio público que se indica no punto 2, exponse ó público polo prazo dos oito días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no DOG. Simultaneamente anúnciase o concurso para a presentación de propostas, podéndose apraza-la licitación no caso de que se formulen reclamacións.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Tomiño. Dependencia: Secretaría.

2. Obxecto e duración do contrato: xestión do Centro de educación municipal de preescolar de Tomiño. Duración: 4 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

4. Canon da concesión: o canon que o concesionario deberá satisfacer será proposto polo licitador na súa oferta económica.

5. Prezo do concesionario: as tarifas que percibirá o concesionario serán establecidas polo Concello de Tomiño. O concello compensará economicamente o concesionario na contía que, proposta polo licitador e non excedendo da cantidade de 2.500 A/mes, se fixe no contrato e por meses vencidos.

6. Ofertas: realizarase de conformidade coas cláusulas recollidas no prego de condicións.

7. Obrigas do concesionario: as recollidas nas cláusulas do prego de condicións.

8. Fianzas: provisional: 600 A. Definitiva: 6.010 A.

9. Obtención da documentación e información: secretaría do concello; praza do Seixo, 36740 Tomiño; (teléfono 986 62 20 01/ fax: 986 62 25 30), ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

10. Presentación das ofertas: prazo: 13 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio de licitación no DOG. Documentación: a esixida no prego. Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Tomiño, das 9.00 ás 14.00 horas (luns a venres) e das 11.00 ás 13.00 horas os sábados.

11. Apertura das ofertas: o terceiro día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de proposicións, na casa do concello e de conformidade co establecido no prego.

12. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario.

Tomiño, 17 de novembro de 2003.

José Luis Fernández Lorenzo

Alcalde