Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 24 de novembro de 2003 Páx. 14.507

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Nigrán (expediente 2003138C).

2. Obxecto do contrato.

Obxecto: rede de abastecemento de auga á parroquia de Priegue.

Prazo de execución (meses): 4.

3. Tramitación: urxente; procedemento: aberto; forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 223.631,88 A.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información no Concello de Nigrán; praza da Constitución 1, 36350 Nigrán (Pontevedra). Teléfono: 986 36 50 00. Fax: 986 38 39 31, ata a finalización do prazo de presentación de propostas.

7. Requisitos específicos do contratista. Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais seguintes ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de condicións.

c) Lugar de presentación: no rexistro do concello de Nigrán, ou a través doutros sistemas admitidos pola lexislación vixente, na forma prevista no prego de condicións.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres meses.

e) Admisión de variantes (concurso): de acordo co prego de condicións.

9. Apertura das proposicións económicas: na Casa do Concello de Nigrán ás trece horas do cuarto día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de ofertas. Se coincidise en sábado, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Nigrán, 12 de novembro de 2003.

Alfredo Rodríguez Millares

Alcalde