Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 24 de novembro de 2003 Páx. 14.507

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 3 de novembro de 2003, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se lle notifica a Promociones Indoal, S.L. o requirimento de informe acordado no expediente de dilixencias previas 36-S-0174/2003.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), ante a infructuosidade do intento de notificación persoal (devolto polo servicio de correos coa indicación de refusado), requírese a Promociones Indoal, S.L. (con último enderezo coñecido na avda. Fernández de la Mora, 5-1º esq. en Ponteareas, Pontevedra), en relación co expediente de dilixencias previas 36-S-0174/2003, incoado en virtude de denuncia presentada por Sandra Rodríguez Rodríguez, como presidente da comunidade de propietarios do edificio Robles I de protección oficial (con cédula de cualificación definitiva como VPO, de data 8 de xaneiro de 2000) situado na rúa Braña en Ponteareas, sobre deficiencias no citado inmoble, para que, como sociedade promotora da devandita obra, proceda no prazo de dez días, e logo de contacto coa dirección facultativa,

a informar sobre as cuestións denunciadas e, de se-lo caso, sobre as obras precisas para a súa corrección.

De non facelo así, poderá iniciarse o correspondente procedemento sancionador.

Expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra, 3 de novembro de 2003.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Sociedade requirida: Promociones Indoal, S.L.

Último enderezo coñecido: avda. Fernández de la Mora, 5-1º esq. en Ponteareas, Pontevedra.