Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 21 de novembro de 2003 Páx. 14.449

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ZAS

ANUNCIO.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Zas.

2. Obxecto: contratación por concurso con procedemento aberto e tramitación urxente da redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal e cartografía do Concello de Zas.

3. Prazo de entrega e fases de execución: 2 anos, prorrogable de conformidade co art. 198 TRLCAP.

O adxudicatario entregará os traballos segundo o plan de execución establecido no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento: 157.690,50 euros (IVE incluído), desagregado nas seguintes anualidades:

Anualidade 2003: 33.493,46 euros.

Anualidade 2004: 50.855,18 euros.

Anualidade 2005: 73.341,86 euros.

Total: 157.690,50 euros.

Non procede a revisión de prezos.

5. Garantías: provisional: non se esixe. Definitiva: 4 por cento do prezo de adxudicación.

6. Publicidade dos pregos: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas expóñense ó público por prazo de oito días, para efectos de posibles reclamacións.

7. Presentación de ofertas: en horario de 9.00 a 14.00 horas no rexistro xeral do concello (praza do Campo s/n, CP 15850, Zas), dentro do prazo de oito días naturais, a contar desde o día seguinte ó da última publicación no Diario Oficial de Galicia ou no BOP.

A documentación presentada axustarase á forma e o contido establecidos nos pregos.

8. Apertura de ofertas: terá lugar ás 13.00 horas do día hábil seguinte, (excepto sábado) a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións.

9. Gastos: os derivados da publicación de anuncios serán por conta do adxudicatario.

10. Información e documentación: Concello de Zas, praza do Campo s/n, CP 15850 Zas. Teléfono: 981 70 83 03. Fax: 981 75 11 42.

Zas, 14 de novembro de 2003.

Ernesto Rieiro Oreiro

Alcalde