Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 21 de novembro de 2003 Páx. 14.450

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

ANUNCIO do 27 de outubro de 2003, da Delegación Rexional de Inspección de Galicia, de notificacións pendentes.

De conformidade co que establece o artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificado polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro (BOE nº 313, do 31 de decembro), de medidas fiscais, administrativas e da orde social, e non sendo posible notifica-lo procedemento que se relaciona, a pesar dos intentos realizados, cítanse os interesados que figuran neste anuncio relacionados no anexo para que, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ó desta publicación pasen a retirar persoalmente ou mediante representante as notificacións que se indican na Delegación Especial da AEAT en Galicia, de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00 horas, no lugar que se sinala, para o efecto de practica-la notificación do citado acto.

Así mesmo, advírteselles ós interesados que, de non comparecer no citado prazo, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Órgano de tramitación: Dependencia Rexional de Inspección (URGGE).

Lugar de comparecencia: rúa Comandante Fontanes, 10, 5ª planta, 15003 A Coruña.

A Coruña, 27 de outubro de 2003.

Dolores Sánchez Rodríguez

Xefa da Dependencia Rexional de Inspección

de Galicia

ANEXO I

Relación de contribuíntes que se citan para seren notificados por comparecencia.

Órgano de tramitación: Dependencia Rexional de Inspección (URGGE).

Lugar de comparecencia: r/ Comandante Fontanes, 10-5ª planta, 15003 A Coruña.

Interesado: Silvershore, S.L.

NIF: B158115145.

Procedemento: requirimento autoliquidacións (modelo 320, período 05, exercicio 2003).

FUNDACIÓN PÚBLICA ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN

SANITARIA