Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 21 de novembro de 2003 Páx. 14.449

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

CONTRATACIÓN por concurso aberto da execución das obras da segunda fase do proxecto do traslado e reconstrucción da antiga vivenda Vieira como centro socio cultural da parroquia de Saiáns.

1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo, dependencia: Participación Cidadá, nº expediente: 1945/320.

2. Obxecto do contrato: descrición: obras da segunda fase do traslado e reconstrucción da antiga vivenda Vieira como centro socio cultural da parroquia de Saiáns.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de execución: 7 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 395.205,01 euros.

5. Garantías provisionais: non se esixe.

6. Obtención da documentación e información: oficina de información xeral do Concello de Vigo, pz. do Rei, s/n, 36202 Vigo, teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: grupo C, subgrupo 9, categoría c.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 17 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas: prazo: 26 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP e no DOG.

Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10.00 horas do primeiro martes seguinte á data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións.

11. Gastos dos anuncios: pagaraos o adxudicatario.

12. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 12 de novembro de 2003.

Mª Luisa Graña Barcia

Concelleira de Patrimonio