Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 21 de novembro de 2003 Páx. 14.444

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CÉDULA do 7 de outubro de 2003, da Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, pola que se lles notifican ás persoas relacionadas no anexo os prazos de ingreso en período voluntario e executivo, polos servicios sanitarios prestados neste centro.

Pola presente cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a continuación se insire, non puideron ser atopados nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintas causas para non recibi-las notificacións polas persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:

Deberán ingresa-lo importe da débeda na conta bancaria 0046-0092-29-0000174760 do Banco Gallego nos prazos que se sinalan no artigo 20 do

Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación (R.X.R.).

Se se realiza o ingreso unha vez transcorridos os prazos establecidos no dito artigo 20 do R.X.R., esixiranse os correspondentes xuros de demora (artigo 21 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia).

Transcorridos 6 meses desde o remate do prazo sen que se producise o cobramento, iniciarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderán interpoñerse no prazo de 15 días hábiles, a partir do seguinte ó desta notificación, recurso potestativo de reposición perante o órgano emisor ou, no mesmo prazo, reclamación económico-administrativa perante o Tribunal Económico Administrativo da comunidad autónoma.

Para que conste, e lle sirva de notificación ó interesado e en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administravo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2003.

Javier Jiménez Ferreres

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

Universitario de Santiago de Compostela

ANEXO

Suxeito pasivoDNI/NIFConceptoPeríodoDébeda (A)

Buján Vázquez, Marcos44839563-MAsistencia sanitaria12-11-1999/12-11-1999149,29
Buján Vázquez, Marcos44839563-MAsistencia sanitaria28-7-2000/28-11-2000215,40
Freire Gómez, Pablo32806821-NAsistencia sanitaria29-7-2001/30-7-2001223,37
Lafuente Lens, Félix76872120-WAsistencia sanitaria12-12-2001/12-12-2001223,37
Cuesta Maceira, Mª Jesús44836914-RAsistencia sanitaria13-12-1998/13-12-1998146,22
Delgado Riveiro, José44807997-HAsistencia sanitaria9-12-1998/9-12-1998146,22
Alves Teixeira, Margarita52481138Asistencia sanitaria18-6-1999/18-6-1999149,29
Fernández Motos, Enrique13748106-VAsistencia sanitaria8-5-2002/8-5-2002223,37
Berdomas Rodríguez, ÁngelAsistencia sanitaria28-7-2002/28-7-2002236,55
Izquierdo Balo, Diego46682196-QAsistencia sanitaria2-11-2002/2-11-2002236,55