Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 21 de novembro de 2003 Páx. 14.444

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CEE

ANUNCIO.

1. Entidade concesionaria.

Concello de Cee.

2. Obxecto da poxa.

Concesión das prazas de garaxe do edificio do novo mercado municipal da vila de Cee.

3. Tramitación e procedemento.

Ordinaria, con procedemento aberto.

4. Forma.

Poxa.

5. Tipo de licitación mínimo sobre o que versará a poxa.

12.020 euros (doce mil vinte euros).

6. Prazo da concesión.

99 anos improrrogables, computados desde a data de notificación do acordo da adxudicación.

7. Garantías.

Garantía provisional: 2% do tipo de licitación.

Garantía definitiva: 4% do importe da adxudicación.

8. Obtención de documentos e información.

Concello de Cee, rúa Domingo Antonio de Andrade, s/n, Cee, teléfono: 981 74 51 00, fax: 981 74 67 57.

9. Presentación de propostas.

No rexistro xeral do concello en horario de 9.00 a 13.30 horas, durante o prazo de 15 días naturais desde o seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia.

10. Documentación.

A que figura nos pregos.

11. Apertura de propostas.

Ás 12.00 horas do día seguinte hábil ó de remate do prazo para a presentación de propostas.

12. Gastos de anuncios.

Serán por conta dos adxudicatarios.

Cee, 10 de novembro de 2003.

José Antonio Domínguez García

Alcalde-presidente