Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 21 de novembro de 2003 Páx. 14.443

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 3 de novembro de 2003, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se lle notifica a Manuel García Brandariz o requirimento previo á execución forzosa da resolución administrativa acordada no expediente sancionador (ES-P-027/2001).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), intentada a notificación persoal no último enderezo coñecido do interesado sen que esta se puidese efectuar, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo o requirimento previo á execución forzosa da resolución administrativa dictada con data do 18 de abril de 2002, polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no procedemento sancionador ES-P-027/2001, na que se resolveu a imposición a Manuel García Brandariz da sanción de 601,02 euros por non destinar a domicilio habitual e permanente a vivenda de promoción pública identificada como expediente PO-91/504, cta. 115, que lle foi adxudicada.

De conformidade co establecido no artigo 95 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no artigo 13 da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, e nos artigos 91 e seguintes do Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, requírese para que no prazo de quince días hábiles proceda con carácter voluntario ó ingreso da sanción imposta de seiscentos un euros con dous céntimos (601,02 euros), na seguinte conta: Tesouro Facenda Galega-Conta restrinxida do IGVS. Recadación de multas e sancións número: 2091-0388-3110000897, en Caixa Galicia.

Advírteselle que, de non efectua-lo pagamento no período voluntario, se remitirá á Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda, para a súa exacción pola vía de constrinximento (artigo 95 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común).

Expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra o 3 de novembro de 2003.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expte.: PO-91/504 (expte. sancionador: ES-P-027/2001).

Cta.: 115.

Nome: Manuel García Brandariz.

Enderezo: polígono de Torneiros, fase IV, blq. 11, 5º dereita no Porriño, Pontevedra.

Importe sanción: 601,02 euros.