Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 21 de novembro de 2003 Páx. 14.422

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 21 de outubro de 2003 (Diario Oficial de Galicia do 7 de novembro) pola que se convocan concursos de traslados entre funcionarios docentes dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertidos erros nos anexos I, II, III, IV e V da citada orde publicada no DOG do 7 de novembro de 2003, número 217, é preciso efectua-las seguintes modificacións:

Nos anexos I, II, III e IV, en tódolos códigos de centro hai que engadir un C no lado dereito do número. Por exemplo: 15027125C.

No anexo V, punto 2.2.2, este punto queda redactado do seguinte xeito:

MéritosValoraciónDocumentos xustificativos (1)

2.2.2. Por cada ano como secretario de centros de formación e recursos, vicedirector, subdirector, secretario ou xefe de estudios e asimilados en centros públicos ós que correspondan as vacantes ofertadas (ver nota sexta do baremo).2 puntosNomeamento con dilixencia de posesión e cesamento ou, de se-lo caso, certificación na que conste que este curso se continúa no cargo.

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL