Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 21 de novembro de 2003 Páx. 14.422

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

ORDE do 11 de novembro de 2003 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local anunciada por Orde do 2 de outubro de 2003.

Convocada por Orde do 2 de outubro de 2003 (DOG número 197, do 10 de outubro) a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na súa nova redacción dada polas leis 4/1991, do 8 de marzo e 3/1995, do 10 de abril, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 15.4º da devandita lei. Esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes nesta consellería, anunciada pola Orde do 2 de outubro de 2003 (DOG número 197, do 10 de outubro).

Segundo.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ó persoal que se relaciona no anexo desta orde.

Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2003.

Jesús Carlos Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local

ANEXO

NRP ou DNI: 3265541046A2060.

Apelidos e nome: Basoa Pérez, Laura.

Grupo: A.

Corpo/Escala: superior da Administración da Xunta de Galicia.

Código do posto: XUC020000115770001.

Denominación: Subdirección Xeral de Coordinación Admtva. e Control Orzamentario.

Nivel: 30.

Dependencia: Secretaría Xeral.

Localidade: Santiago de Compostela.

NRP ou DNI: 3326637046A2060.

Apelidos e nome: Puy Fraga, María.

Grupo: A.

Corpo/Escala: Superior da Administración da Xunta de Galicia.

Código do posto: XUC050000215770001.

Denominación: Subdirección Xeral de Xogo, Asociacións e Espectáculos Públicos.

Nivel: 30.

Dependencia: Dirección Xeral de Interior e Protección Civil.

Localidade: Santiago de Compostela.