Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 21 de novembro de 2003 Páx. 14.418

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2003 pola que se convocan unhas xornadas sobre educación vial.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 2003, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a realización dunhas xornadas sobre educación vial, segundo o previsto no artigo 23 da Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación das policías locais, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

*Poñer en común as experiencias e as técnicas didácticas utilizadas polos membros dos corpos de

policía local que xa veñen desempeñando habitualmente estes cometidos, de tal xeito que sirvan como referente para aqueloutros que van facelo por primeira vez.

*Coñece-las problemáticas e as demandas máis comúns dos colectivos ós que dirixen a actividade formativa, para adecua-los contidos e as técnicas docentes a aquelas.

*Inicia-los membros dos corpos de policía local, que se vaian incorporar á tarefa de formadores de educación vial tanto para escolares como para adultos ou terceira idade, nos coñecementos básicos para desenvolver adecuadamente estas tarefas.

Destinatarios.

As xornadas van dirixidas ós membros dos corpos de policía local de Galicia que desempeñen ou teñan previsto desenvolve-las tarefas de formación vial nos colectivos sociais ós que esta se dirixe.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

Sen límite.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nestas xornadas deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 5 de decembro de 2003, ás 14.00 horas.

3. As instancias deberán enviarse á Academia Galega de Seguridade; avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas.

As xornadas desenvolveranse nas seguintes datas: 10, 11 e 12 de decembro de 2003.

O horario será de 9.30 a 14.30 h. e de 16.00 a 19.00 horas os días 11 e 12; e de 9.30 a 13.30 h. o venres día 12.

Contido.

Estas xornadas estarán divididas en canto ós contidos nos seguintes epígrafes temáticos:

* Exposicións e comunicacións por parte dos responsables de formación vial daqueles concellos que contan cunha estructura e experiencia docente nesta materia.

* Mesas de traballo dirixidas e coordinadas polos mesmos responsables anteriores, para poñer en común as respostas e solucións posibles a tódalas

problemáticas que se poden suscitar, e que na meirande parte dos casos coñecen pola súa experiencia.

* Coñecemento das técnicas máis adecuadas para inicia-los formadores que comecen nesta actividade, actuando os máis expertos como técnicos na formación de formadores.

Recepción de relatorios e comunicacións.

Para dar forma ó exposto no parágrafo primeiro do anterior punto, todos aqueles que conten con experiencia bastante nesta materia, ou que se dediquen habitualmente a esta actividade, poden enviar á AGS o título ou tema do seu relatorio ou comunicación, xunto cos seus datos profesionais, antes do día 10 de decembro, para efectua-la programación oportuna. Neste caso prégaselles que contacten previamente por teléfono co servicio de formación 986 59 00 21 ou remitan os contidos ó fax 986 59 09 88.

Coordinación destas xornadas.

Estas xornadas estarán coordinadas por un oficial da policía local responsable da área de seguridade e formación vial.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o mesmo día 5 de decembro a partir das 12.30 horas, no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono 986 59 00 21.

Lugar.

Sede da Academia Galega de Seguridade, sita na avda. da Cultura, s/n, no Concello da Estrada.

Certificado de asistencia.

Ó remate das xornadas entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada nelas.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento das xornadas para adaptalas ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 14 de novembro de 2003.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia de Seguridade