Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 21 de novembro de 2003 Páx. 14.417

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 11 de novembro de 2003 pola que se conceden os premios para o fomento da recollida de pilas en Galicia.

Por Orde do 4 de febreiro de 2003 (publicada no DOG nº 34, do 18 de febreiro) foron convocados os premios para o fomento de recollida de pilas en Galicia.

No punto 6º do artigo 2 da citada orde prevese que para a concesión de premios se calculará a taxa de quilos recollidos por alumno matriculado, nas distintas categorías segundo a fórmula:

Total de quilos recollidos por colexio/total de alumnos matriculados no colexio.

Así mesmo, prevese neste artigo que os premios se concederán ós colexios que acrediten unha maior taxa de recollida de pilas usadas segundo a fórmula para toda a Comunidade Autónoma e por categorías.

Polo tanto, en uso das atribucións conferidas no artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1998, do 20 de outubro, en relación cos artigos 27.30º e 30 do Estatuto de autonomía e o Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente

RESOLVO:

Artigo único.

Primero.-De acordo co disposto na Orde do 4 de febreiro de 2003, concédense os premios ós colexios que se relacionan no anexo da presente orde.

Segundo.-A concesión destes premios será comunicada persoalmente ós beneficiados.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2003.

José Manuel Barreiro Fernández

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO

A.-Centros educativos cun número de alumnos matriculados no curso 2002-2003 inferior a 50.

Primeiro premio: San Xerome Emiliani (A Guarda).

Segundo premio: Escola Infantil de Baiuca (Catoira).

Terceiro premio: Aspanaes (As Pontes de García Rodríguez).

B.-Centros educativos cun número de alumnos matriculados no curso 2002-2003 entre 50-300.

Primeiro premio: CEIP Celso Currás (Trabada).

Segundo premio: CEIP A Sangriña (A Guarda).

Terceiro premio: Rogelio García Yáñez (Ramirás).

Cuarto premio: CEIP Nadela (Lugo).

Quinto premio: CEIP Unión Mugardesa (Mugardos).

Sexto premio: CEIP San Martiño (Pontevedra).

C.-Centros educativos cun número de alumnos matriculados no curso 2002-2003 superior a 300.

Primeiro premio: Colexio Inmaculada (Ponteareas).

Segundo premio: Colexio Labor (Vigo).

Terceiro premio: Colexio Divina Pastora-MM Franciscanas (Ourense).

Cuarto premio: CEIP Escultor Acuña (Vigo).

Quinto premio: IES M. Soliño (Cangas do Morrazo).

Sexto premio: CEIP Manuel Mato Vizoso (Vilalba).