Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 21 de novembro de 2003 Páx. 14.415

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

DECRETO 411/2003, do 20 de novembro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construcción da nova estrada de conexión da AC-141 coa N-651 e A-9 en Vilar do Colo, clave AC/00/065.01.

Con data do 31 de outubro de 2003, o director xeral de Obras Públicas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda aprobou o proxecto de construcción da nova estrada de conexión da AC-141 coa N-651 e A-9 en Vilar do Colo, clave AC/00/065.01.

Os bens e dereitos nos que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.

A competencia para efectua-la declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo segundo do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas e a súa asignación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, considerándose xustificada a referida declaración de urxente ocupación pola súa incidencia na seguridade vial, xa que a reindustrialización da comarca (polígonos de Penapurreira, Os Airios, Cruz das Cabezas, Vilar do Colo ...) provoca un tránsito elevado de vehículos pesados, fundamentalmente no eixe industrial Mugardos, Fene, As Pontes, o que esixe os parámetros de trazado, os controis de acceso e os elementos funcionais contidos no proxecto da vía. Ademais, esta conexión da AC-141 coa N-651 en Vilar do Colo está incluída nas actuacións previstas no Plan Director de Infraestructuras de Galicia con reducción de prazo esixido no Plan Galicia.

En virtude de todo o exposto e en aplicación do artigo 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia e dos artigos 10 e 52 da Lei de expropiación forzosa, en relación con previsto no artigo 16 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte de novembro de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declara-la utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios e que se concretan no expediente administrativo instruído, para efectos de expropiación no proxecto de construcción da nova estrada de conexión da AC-141 coa N-651 e A-9 en Vilar do Colo, clave AC/00/065.01.

Santiago de Compostela, vinte de novembro de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Alberto Núñez Feijoo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas

e Vivenda

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO