Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 21 de novembro de 2003 Páx. 14.416

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2003 pola que se inscribe a asociación Instituto de Estudios Chairegos Pena do Encanto no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Examinada a solicitude de inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago,

presentada polo Instituto de Estudios Chairegos Pena do Encanto, con data do 1 de outubro de 2003.

Visto o Decreto 45/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia do Camiño de Santiago, modificado en parte polo Decreto 209/2002, do 13 de xuño.

Visto igualmente o informe da Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago, emitido de acordo co artigo 23 do mencionado decreto.

Considerando que a solicitude presentada cumpre as normas establecidas no decreto de referencia,

RESOLVO:

Que o Instituto de Estudios Chairegos Pena do Encanto quede inscrito no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago co número 146.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2003.

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo