Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 20 de novembro de 2003 Páx. 14.403

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de estatutos e bases de actuación para a constitución e funcionamento da Xunta de Compensanción do PERI UA 3 Casás (expediente 4330/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 9 de outubro de 2003, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Desestimar, polos motivos expostos na parte expositiva deste acordo, a alegación presentada, no período de información pública do expediente, por Ramón Costas Fernández, non obstante o cal deberá corrixirse a referencia que na base sexta se contén, no seu punto primeiro, ó artigo 31.2 da Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre réxime do solo e valoracións, que deberá facerse ó artigo 31 do mesmo texto, sen outra precisión.

Segundo.-Aprobar definitivamente, coa corrección anteriormente indicada, o proxecto de estatutos e bases para a constitución e funcionamento da Xunta de Compensación do polígono único do PERI UA 3 Casás (expediente 4330/401), presentado con data do 19 de decembro de 2001 no Rexistro Xeral da Xerencia Municipal de Urbanismo por Manuel Pérez Lorenzo, en nome e representación da entidade mercantil Construcciones Mopelo, S.L., como comisión xestora do devandito polígono.

Terceiro.-Requírase ós propietarios do polígono para que soliciten, se o desexan e non o fixeran nun momento anterior, a súa incorporación con igualdade de dereitos e obrigas á Xunta de Compensación dentro do prazo dun mes a partir da notificación deste acordo, advertíndolles expresamente que, no caso de non incorporarse, os seus predios poderán ser obxecto de expropiación ou de ocupación directa en beneficio da Xunta de Compensación.

Cuarto.-Indicarlle a comisión xestora que a Xunta de Compensación deberase constituir no prazo máximo de tres meses, desde que sexa firme en vía administrativa este acordo, ó abeiro do artigo 133.5 da Lei do solo de Galicia do 24 de marzo de 1997 e que, segundo acordo do Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo do 24 de xullo de 2003, o representante delegado do Concello nas Xuntas de Compensación é o concelleiro Mauricio Ruíz Ceniceros.

Quinto.-Procédase á publicación deste acordo no DOG e notifíquese individualmente a tódolos propietarios do ámbito, coa indicación da rectificación disposta no punto primeiro do acordo.

Contra o devandito acordo que pon fin á vía administrativa poderán interpoñerse os seguintes recursos:

a) Potestativo de reposición ante o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo do concello de

Vigo no prazo dun mes a partir do día seguinte da publicación deste anuncio.

b) Contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio.

De conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, LRXAP-PAC, por medio deste anuncio, notifícase o acordo que nel se contén a tódolos propietarios afectados descoñecidos, de ignorado enderezo, respecto dos cales non se puido practica-la notificación intentada.

Vigo, 20 de outubro de 2003.

Mauricio Ruíz Ceniceros

Concelleiro de Urbanismo

PADROADO PARA O DESENVOLVEMENTO DO PLAN

DE DINAMINACIÓN TURÍSTICA

DO SALNÉS