Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 20 de novembro de 2003 Páx. 14.402

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN AMARO

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de San Amaro (Ourense). Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto: consultoría e asistencia téncica para a redacción íntegra do Plan Xeral de Ordenación Municipal e Cartografía do Concello de San Amaro.

3. Prazo de execución: segundo os prazos establecidos nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

4. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

5. Obtención de información: Concello de San Amaro (Ourense). Teléfono: 988 28 80 01/988 28 80 50.

6. Requisitos xerais da contratación: prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de proposicións: no rexistro do concello, de luns a venres, desde as 8.00 da mañá ás 14.00 horas, durante o prazo de quince días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio ou do prego no último dos boletíns no que apareza (DOG ou BOP).

8. Apertura das ofertas: ás 13.00 horas do primeiro día hábil posterior á finalización do prazo de presentación de proposicións (agás sábados, caso no que a apertura se realizará no día hábil seguinte).

9. Tipo de licitación: oitenta e dous mil oitocentos vintecatro (82.824) euros.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

San Amaro, 10 de novembro de 2003.

Ernesto Pérez González

Alcalde