Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 20 de novembro de 2003 Páx. 14.402

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO.

Anuncio de contratación, por concurso, polo procedemento aberto, para a adquisición dun vehículo composto de tractor, remolque e guindastre para o servicio de vías e obras.

Obxecto: adquisición dun vehículo composto de tractor, remolque e guindastre para servicio de vías e obras.

Importe: 135.000 euros, IVE incluído.

Prazo de subministración: 15 días.

Obtención de documentos e información.

a) Entidade: Concello do Porriño (Pontevedra).

b) Teléfonos: 986 33 13 01; fax: 986 33 58 50.

c) Data límite de obtención de documentación e informe: o día anterior a finaliza-lo prazo de presentación de proposicións.

Presentación de ofertas: prazo 15 días naturais contados desde o seguinte ó da data do último anuncio que se publique no BOP, ou ben no Diario Oficial de Galicia.

O Porriño, 24 de outubro de 2003.

Raúl Francés Rodríguez

Alcalde