Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 20 de novembro de 2003 Páx. 14.403

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

PADROADO PARA O DESENVOLVEMENTO DO PLAN DE DINAMINACIÓN TURÍSTICA DO SALNÉS

ANUNCIO para a contratación de obras.

1. Entidade adxudicadora.

Padroado para o Desenvolvemento do Plan de Dinamización Turística do Salnés. Mancomunidade do Salnés.

2. Obxecto do contrato.

Denominación do proxecto: pavimentación e dotación de mobiliario urbano nas rúas de Ramón Cabanillas e Galicia. No concello de Meaño.

Prazo de execución: as obras deberán realizarse no prazo de tres meses. Acción enmarcada no Plan de Dinamización Turística do Salnés correspondente á anualidade de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Forma: concurso.

Procedemento: aberto.

Tramitación: urxente.

4. Orzamento.

Prezo base de licitación: 60.427,08 euros.

5. Garantías.

Provisional: o 2% do prezo de licitación do contrato.

Definitiva: o 4% do prezo de adxudicación do contrato.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Rexistro da Mancomunidade do Salnés.

Domicilio: Rúa Nova, nº 4, 36630 Cambados (Pontevedra).

Teléfono: 986 52 11 15/fax: 986 52 60 92.

Data límite: ata o día de finalización do prazo para presenta-las ofertas.

7. Requisitos do contratista.

Clasificación de empresa: non se esixe.

8. Presentación de ofertas.

Prazo: trece días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia, das 9.00 ás 13.00 horas. No caso de que coincida sábado o día de finalización do prazo, este quedará prorrogado automaticamente para o seguinte día hábil.

Lugar: Rexistro da Mancomunidade do Salnés no domicilio anterior.

Modelo de proposición: ver anexo II do prego de condicións.

Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.

9. Apertura de ofertas.

Lugar: Oficina da Mancomunidade do Salnés no domicilio anterior.

Data e hora: o día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de ofertas, ás 17.00 horas. No caso de que coincida en sábado, terá lugar o seguinte día hábil.

10. Gastos.

Os derivados da publicación dos anuncios de licitación serán por conta do adxudicatario.

Vilanova, 6 de outubro de 2003.

Gonzalo Durán Hermida

Presidente do Padroado para o Desenvolvemento

do Plan de Dinamización Turística do Salnés