Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 20 de novembro de 2003 Páx. 14.400

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIRO

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola Comisión Municipal de Goberno con data do 9 de xuño de 2003 o Plan parcial de ordenación do sector do solo urbanizable privado concertado SURPC B-4, sométese o devandito acordo de aprobación inicial a información pública durante o prazo de dous meses a través de anuncio publicado no DOG e en dous dos xornais de maior circulación da provincia, neste último caso, en dous días consecutivos. Simultaneamente notifícase individualmente a tódolos propietarios dos terreos afectados.

Durante o trámite de información pública solicítanse igualmente os informes sectoriais que resultan preceptivos (Dirección Xeral de Estradas e Patrimonio).

O que se fai público para xeral coñecemento de acordo co disposto nos artigos 63 a 65, 83, 84 e 86.1º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística do territorio e protección do medio rual de Galicia.

Boiro, 13 de novembro de 2003.

Xosé Deira Triñanes

Alcalde presidente