Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 20 de novembro de 2003 Páx. 14.401

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO de concurso de obras.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Cambre.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría-Contratación.

c) Número do expediente: 03/60-25 OB.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: substitución de redes xerais de abastecemento na parroquia do Temple (Graxal-Barcala).

b) Lugar de execución: rúas Tapia e O Temple.

c) Prazo de execución: 2 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 350.100,64 euros, IVE incluído.

5. Garantías.

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Cambre. Departamento de Contratación.

b) Domicilio: Adro, nº 1.

c) Localidade e código postal: Cambre 15660.

d) Teléfono: 981 61 31 28/981 61 31 88.

e) Telefax: 981 67 40 31.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata as 14.00 horas do día anterior ó que remate o prazo para presenta-las proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación:

-Grupo E, subgrupo 1, categoría e.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: das 9.00 ás 13.00 horas dentro do prazo de trece días naturais, a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a documentación presentarase en dous sobres pechados:

-Sobre A, subtitulado «Documentación», conterá a documentación esixida na cláusula 12.1 do prego.

-Sobre B, subtitulado «Oferta económica e referencias técnicas», conterá a proposición económica formulada de conformidade co modelo que figura no anexo do prego de cláusulas administrativas particulares, así como a documentación da cláusula 12.2.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: Concello de Cambre. Rexistro de Entrada.

2º Domicilio: Adro, nº 1.

3º Localidade e código postal: Cambre, 15660.

d) Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Cambre, (salón de sesións).

b) Domicilio: Adro, nº 1.

c) Localidade: Cambre.

d) Data: cuarto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación das ofertas, (agás os sábados, que pasará ó luns seguinte).

e) Hora: 12.00 horas.

10. Outras informacións.

Departamento de Contratación, no primeiro andar da casa do concello.

11. Despesas de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

12. Exposición do prego.

Poderanse examinar e obter copias no Departamento de Contratación (no primeiro andar da casa do concello), e máis na páxina web: http//www.cambre.org/publicaciones, e presentar alegacións ós pregos no prazo de oito días.

Cambre, 12 de novembro de 2003.

(R.A. 26-6-2003)

Augusto Rey Moreno

Concelleiro-delegado de Infraestructuras,

Transportes, Seguridade Cidadá e Protección Civil