Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 20 de novembro de 2003 Páx. 14.400

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE AMES

EDICTO.

A Comisión de Goberno deste Concello, en sesión celebrada o día 24 de setembro de 2003, acordou aprobar inicialmente o proxecto de Plan parcial do sector S-14 Travesía do Porto Norte, situado na localidade de Milladorio-Ames.

O que se fai público de conformidade do establecido no artigo 86.1º a), da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, ó obxecto de que durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ou nos xornais La Voz de Galicia e El Correo Gallego, os interesados poidan examina-lo expediente e presenta-las alegacións que consideren oportunos.

Ames, 11 de novembro de 2003.

Carlos A. Fernández Castro

Alcalde